O venres día 4, no noso centro impartirase un taller de xornalismo ao alumnado de 3º de ESO e 4º de PDC.
O que impartirá o taller é Víctor Sariego do Colexio de Xornalistas de Galicia.
Foto biblioteca
03/03/16
14/12/15
Guías de lectura para o Nadal
As
festas de Nadal e Fin de Ano que están a punto de comezar son unha
época típica para a realización de regalos, nomeadamente aos
menores da casa. Dentro da múltiple oferta dispoñible, moita xente
é partidaria de incluír algún elemento de carácter cultural,
aínda que por veces a elección pode resultar complicada.
Nos últimos anos, coñecedores desta situación, os equipos de dinamización lingüística da comarca do Morrazo publican un folleto-guía para dar a coñecer ás familias as últimas novidades no relativo a discos, novelas, cómics, DVD..., co elemento en común de utilizaren todos a lingua galega. Este folleto preséntase dividido por idades para facilitar a localización de materiais acordes ás diferentes idades . Ademais, tamén inclúe un apartado de produtos dirixidos a adultos, pois este tipo de regalos resulta enriquecedor para todos nós.
Nos últimos anos, coñecedores desta situación, os equipos de dinamización lingüística da comarca do Morrazo publican un folleto-guía para dar a coñecer ás familias as últimas novidades no relativo a discos, novelas, cómics, DVD..., co elemento en común de utilizaren todos a lingua galega. Este folleto preséntase dividido por idades para facilitar a localización de materiais acordes ás diferentes idades . Ademais, tamén inclúe un apartado de produtos dirixidos a adultos, pois este tipo de regalos resulta enriquecedor para todos nós.
Un afectuoso saúdo co noso desexo de que pasen unhas felices festas.
03/12/15
Presentación do libro do noso compañeiro Óscar !
O vindeiro venres 4 de decembro dentro da programación
do Culturgal (Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebra
no Pazo da Cultura de Pontevedra), terá lugar ás 19.00 h no Espazo foro a presentación do libro "A nenez galega a través dos anteollos de CASTELAO",
dos autores: Diana Vilas Meis, Óscar Rodríguez García, Laura Carpente
Tielas e Manuel Rodríguez Conde. Colabora: Gabinete didáctico do Museo
de Pontevedra. Publica: Deputación de Pontevedra.
02/12/15
CULTURGAL
Culturgal pretende ser unha experiencia única para
todas e todos aqueles que participan dela: expositores, artistas,
empresas, públicos, etc. A organización de Culturgal sabe que para
acadar este obxectivo, o recinto do Pazo da Cultura ten que ofrecer unha
serie de servizos que fagan gratificante a visita á gran cita da
cultura do país.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.
Culturgal 2015, 4, 5 e 6 de decembro, Pazo da Cultura de Pontevedra.
Presume de Culturgal!
http://culturgal.com/programacion-culturgal-2015/
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.
Culturgal 2015, 4, 5 e 6 de decembro, Pazo da Cultura de Pontevedra.
Presume de Culturgal!
http://culturgal.com/programacion-culturgal-2015/
07/05/15
Conferencia no CEIP MONTEMOGOS.
O colexio Montemogos celebra a 28ª Semana Cultural e Letras Galegas.
Con este motivo convida ao profesorado, ás nais e aos pais e ao alumnado de Bueu a asistir á conferencia que o escritor Pedro Feijoo Barreiro (Vigo, 1975) impartirá na biblioteca doCEIP Montemogos en relación co seu libro Os fillos do mar.
Nesta novela de intriga, finalista do premio Xerais, a trama transcorre en lugares como Vigo ou Bueu. Ao remate o escritor asinará exemplares e poderemos conversar con el.
Con este motivo convida ao profesorado, ás nais e aos pais e ao alumnado de Bueu a asistir á conferencia que o escritor Pedro Feijoo Barreiro (Vigo, 1975) impartirá na biblioteca doCEIP Montemogos en relación co seu libro Os fillos do mar.
Nesta novela de intriga, finalista do premio Xerais, a trama transcorre en lugares como Vigo ou Bueu. Ao remate o escritor asinará exemplares e poderemos conversar con el.
09/03/15
ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O responsable da biblioteca do noso instituto, Xavier Blanco, asistirá o día 13 de marzo o encontro de bibliotecas que se vai celebrar en Santiago.
(os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar en Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares,
unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de
bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No
presente curso participan deste Rede de bibliotecas escolares que supón o
PLAMBE, un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.
Coma en anos anteriores, a participación nos encontros será do seguinte xeito:
- 12 de marzo: responsables das bibliotecas dos 33 centros que se incorporaron ao PLAMBE na convocatoria de 2014.
- 13 de marzo: responsables do resto das bibliotecas do PLAMBE ata un total de 550.
O programa elaborado desde a Asesoría de bibliotecas escolares, en
colaboración co CAFI (Servizo de Formación do Profesorado), conta coa
presenza de expertos como Casildo Macías (coordinador da Rede de bibliotecas escolares de Extremadura, coautor do Marco de referencia para las bibliotecas escolares- MEC,2011), Ana Garralón (experta e crítica de literatura infantil e xuvenil), Elisa Yuste (consultora con formación e experiencia no ámbito bibliotecario, editorial cultural e educativo), Ana Basterra
(Asesora do ámbito socio-lingüístico no Berritzegune -centro de
profesores- de Leioa, en Bizkaia, experta en metodoloxía de proxectos).
Presentaranse experiencias de bibliotecas escolares de
centros que salientan polas súas boas prácticas, e os participantes
poderán tamén acudir a unhas reunións temáticas (sobre a formación
audiovisual, as apps na biblioteca escolar , a colaboración entre as
bibliotecas escolares e coas bibliotecas públicas ou sobre avaliación
dos servizos da biblitoeca, entre outras). Poñerá o punto final aos
encontros o catedrático de Mediciña Legal da USC, experto internacional
en xenética e divulgador científico, Ángel Carracedo, autor do manifesto publicado no pasado novembro, con ocasión do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.) Texto do blog de bibliotecas escolares.
11/12/14
Guías de lectura. Decembro 2014
Un bo agasallo no Nadal: libros e música en galego.
GUÍAS DE LECTURA DE SECUNDARIA
GUÍAS DE LECTURA DE SECUNDARIA
GUÍAS DE LECTURA DE PRIMARIA
GUÍAS DE LECTURA DE INFANTIL
MÚSICA PARA FACER AGASALLOS:
06/10/14
LIBRO ONS ONDAS, DOUS.
VÍDEO PRESENTADO NO MUSEO MASSÓ DE BUEU, O DÍA QUE SE DEU A COÑECER O LIBRO ONS ONDAS, DOUS.
15/09/14
23/05/14
TALLER DE REGUEIFAS CON PINTO DE HERBÓN E O CARUNCHO
O mércores 28 Pinto de Herbón e Luis o Caruncho impartirán un taller de regueifas aos alumnos do centro.
O resultado foi moi bo segundo os comentarios dos alumnos de 3º e 4º da ESO
O resultado foi moi bo segundo os comentarios dos alumnos de 3º e 4º da ESO
MARCOS CALVEIRO EN BELUSO
O escritor Marcos Calveiro, autor do libro O pintor do sombreiro de malvas, dará un relatorio sobre esta obra no Salón de Actos do CEIP MONTEMOGOS (Beluso) o vindeiro mércores 28 ás 16:00h.
Trátase dunha obra de literatura xuvenil e de adultos, polo que convidamos a participar ao alumnado de Secundaria e ao profesorado .
Outros títulos do autor que temos na nosa biblioteca:
"SETTECENTO"
"CENTAUROS DO NORTE"
"TODOS SOMOS"
Outros títulos do autor que temos na nosa biblioteca:
"SETTECENTO"
"CENTAUROS DO NORTE"
"TODOS SOMOS"
07/04/14
03/12/13
28/11/13
Culturgal

Venres 29 e sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro en Pontevedra celebrarase o Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, con actividades diversas para todas as idades.
http://culturgal.com/programacion-culturgal-2013/
06/05/13
Primeiro da ESO en busca do conto perdido
Unha
das cousas máis interesantes foi cando se falou dos significados ocultos dos
contos. Que se o sangue indicaba falta de pureza, que se referencias sexuais
ocultas... Vaia, que eu nunca me fixara en que os contos se podían entender de
varias formas. Haberá que ler algún outra vez. Por alí xa había quen estaba
disposto! Ao mellor, ata os hai nesa biblioteca: polo menos na sala na que
estivemos había un bo montón de libros para a nosa idade. Uns cantos nunca
estiveramos alí, pero só con facernos socios podemos levalos prestados para a
nosa casa.
Por
certo, a partida de oca gañouna o equipo... Vaia, xa non me acordo! Bo, dá
igual! O importante é que pasamos unha hora divertida. O peor foi que tivemos
que ir e volver á chuvia. Os profes e algúns alumnos levaban paraugas e cazadoras, pero
houbo quen pillou unha ben boa.
25/03/13
Visita ao salón do libro de Pontevedra
Este mércores 20 de marzo, para
descansarmos un pouquiño de tanto exame seguido, fomos todos os de primeiro ata
o Salón do Libro de Pontevedra. A algún o nome parecíalle algo aburrido, pero
puidemos entrar nun ordenador xigante, vimos un antiquísimo "camión"
de bombeiros, gramófonos, calculadoras "prehistóricas", unha morea de
máquinas e engranaxes e ata aprendemos curiosidades sobre a orixe da colocación
das letras nos teclados dos ordenadores e dos móbiles. Ah, e fixemos un novo
amigo, que sae aquí na foto no momento de chegar a Pontevedra desde a súa casa
de Canislupilandia.
Despois viñeron en
cirolas Mofa e Befa coa obra Románticos,
na que foron desfilando (e facendo monecadas) un montón de escritores desta
época: Lord Byron, Mary Shelley co monstro de Frankenstein, Rosalía, Bécquer...
Xusto despois fixo a súa aparición o Holandés Errante, surcando os mares do
mundo cuns curiosos efectos especiais a base de plástico e ventilador. Ao
final, non sei se quedou de todo claro se era máis romántico este mariñeiro
eterno ou tomar molladuras indo aos partidos invernais do Racing de Ferrol. Que
cadaquén tire a súa conclusión.
A pesar de tanto
"traballo", aínda nos quedou algo de tempo para choutar pola Illa das
Esculturas e internarse polo seu estreito labirinto.
Crónica: Moisés
Crónica: Moisés
13/03/13
Salón do libro
Os de primeiro... a
toda máquina para Pontevedra! o mércores 20 de marzo.
Desde antigo levan os
homes construíndo máquinas que lles faciliten diferentes traballos.
Os autobuses lévannos, os guindastres líbrannos de mover pesadas
cargas, os móbiles póñennos en contacto coa nosa xente en calquera
momento... Mais quen non soñou algún día con dispoñer dalgún
trebello tiraburrimentos, outro que nos teletransporte de maneira
instantánea ou incluso un que nos cure as feridas se damos un tombo?
E un chintófano que nos librase da peluxe de debaixo da cama?
Tampouco estaría mal, eh? Veremos, pois, no XIV Salón do Libro
de Pontevedra as máquinas que saíron das mentes doutros alumnos
que soñaron novas posibilidades, algunhas talvez perfectamente
inútiles e outras que quizais nos faciliten a vida. Haberá que
descubrilo!
E, como o mellor será
regresarmos cun sorriso, Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Víctor
Mosqueira) subiran ao escenario para representar "Románticos",
unha comedia sobre o amor total. Aí mesturarán, cunhas cantas
cancións polo medio, o conde Drácula con Rosalía de Castro e ata
con algún zombi despistado. Ou é que alguén pensou que os mortos
viventes non tiñan dereito a amar? Amor e risos para todos, como
debe ser!
20/12/12
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















