Foto biblioteca

Foto biblioteca

14/05/08

Memoria de Adán. Así se titula o conxunto de escritos que desde xaneiro de 2008 está elaborando Adán L. Domínguez Falcón, alumno de 4ºB. Nos seus escritos Adán retrata cunha memoria extraordinaria e unha gran precisión nos detalles unha historia familiar real –a da súa familia- que se vincula a dous eixos: o mar e a illa de Ons. Seguindo o que Adán escribe descubrimos un mundo ao tempo próximo e afastado: historias de pesca, naufraxios, a vida cotiá na Illa, a morte dunha vaca,… e sen dúbida un mundo integrado no tempo e na natureza do cal temos moito que aprender, un mundo comunitario e solidario, no que axudar ao outro é o natural.

A grande riqueza lingüística, tanto pola expresividade como polo vocabulario mariñeiro, son un valor fundamental nesta obra.

Encontramos Memoria de Adán nunha Googlepage á que se pode chegar seguindo unha ligazón que se encontra no blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou no da Biblioteca.

DIARIOS DE ADRIANA E JACKY

Diarios de Adriana e Jacky. Este é o título dunha novela que comezou a escribirse no IES Illa de Ons en febreiro do 2008. Tamén aquí falamos dun colectivo literario, que se chama Doussabores, e está constituído por Mónica Rodríguez e Mª Elisa Dios, de 4ºB. O que parecía unha ocorrencia da xuventude, e que podía ter rematado no capítulo I, encóntrase xa, cando escribimos esta presentación, no capítulo XVII, o cal en si mesmo é un mérito. Tamén é un mérito que sexa interesante, como din algúns dos que a comezaron a ler. A temática é a que se recolle nos diarios persoais das dúas protagonistas, que estudan nun instituto de Vigo 4º de ESO. Elas falan de amor, da amizade, de drogas, de anorexia,… en fin, da realidade que viven a diario. Cada unha fala coa súa voz, sen compartir a información coa outra.
Encontramos os Diarios de Adriana e Jacky nunha Googlepage á que se pode chegar seguindo unha ligazón que se encontra no blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou no da Biblioteca.


Robinson
Crusoe




Gustoume o libro. Del apréndese o que podería pasar se ti quedases completamente só nunha illa no medio do Océano. É impresionante o modo en que queda Robinsion Crusoe. No libro afronta moitas aventuras das que a maioría danse cando queda nunha illa. Ali aprende a sobrevivir pasando por grandes apuros nos que a única esperanza de Robinson é deixar todo nas mans de Deus.



Xosé Guerra Vilas 4ª

13/05/08

LETRAS GALEGAS 2008

XOSÉ MARÍA

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ


ESCOLMA DE PÁXINAS WEB E SITIOS DA REDE SOBRE O ESCRITOR,PARA O SEU USO EDUCATIVO.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO C.E.I.P. QUINTELA (MOAÑA)

REAL ACADEMIA GALEGA

A páxina da Real Academia Galega dedicada ao escritor. O texto é de Darío Xohán Cabana,e fai referencia á biografía,obra literaria,ó erudito galeguista,ó editor,e reúne a súa bibliografía esencial.Contén fotos e imaxes.

PORTAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Portal do día das letras galegas,con referencias biográficas e información de todos os homenaxeados.

PÁXINA DE GALIPEDIA SOBRE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

A Páxina da Galipedia sobre Álvarez Blázquez,con biografía,e bibliografía do autor estruturada según o xénero.Recolle tamén os premios outorgados e ligazóns a outras páxinas.


CULTURA GALEGA

Publica a noticia da elección do escritor como homenaxeado nas LG 2008,e explica de xeito breve os seus méritos.

PAXINA WEB DE CELS0 ÁLVAREZ CÁCCAMO

Unha páxina moi completa,por ampla,profunda e precisa.Fermosa reportaxe fotográfica,reúne moreas de materiais ,desde documentos sonoros a citas xornalísticas .Feita desde o respecto e admiración dun fillo.

BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA

A páxina da Biblioteca Virtual Galega sobre o autor,con todos os seus libros e outras informacións.

PRAZA DAS LETRAS-ALVAREZ BLÁZQUEZ

Contén pequena recensión biográfica e as portadas dalgúns libros .

SEMINARIO GALÁN

Esta páxina ten unha biografía e a súa obra, recollidas de xeito moi didáctico.




09/05/08

Coñecín a Xesús Constela Doce no curso académico 2004-2005, mentres eu estaba a facer as prácticas da oposición e Xesús acababa de presentar o seu primeiro libro, “As humanas proporcións”, co que gañou o premio Torrente Ballester no 2003 e o premio da Asociación Española de Críticos Literarios no 2004.

Este primeiro libro foi traducido por min ao francés, agora está en varias editoriais francesas, esperando tanto pola miña parte, como por parte do editor galego e do escritor a súa publicación.

Na carta de presentación deste libro ás editoriais francesas fun moi sincera e directa, tanto en dar a miña opinión sobre o libro como sobre o seu autor: agarimoso, amable, sempre cun sorriso, bo compañeiro e un intelectual galego nos nosos tempos, polo menos a min devolveume as ganas de volver a ler en galego.

“As humanas proporcións” chamoume moito a atención tanto pola súa fácil lectura para todos os públicos como pola estrutura do libro, organizado en capítulos curtos. Por iso mesmo decidín traducilo, xa que dende había moitos anos non lía en galego algo actual e novidoso.

O mesmo sucedeu co “LIBRO DAS ALQUIMIAS”, novela que recomendo descubrir ao alumnado e o profesorado pola súa entrañable historia dun rapaz que aprende a quererlle aos libros.

Coido que non podo dicir nada máis sobre esta novela ata a súa presentación neste centro escolar, onde Xesús Constela ten a amabilidade de vir a presentárnolo o vindeiro luns 19 de maio pola tarde. Onde agardamos os alumnos de 3º e 4º da ESO así como os dos outros cursos que o estan lendo.

Quero dende esta páxina dar as grazas á directiva deste centro, os profesores e os alumnos que colaboran neste primeiro proxecto do Plan lector.

Fina Doce

Dinamizadora do Plan Lector.

06/05/08

RAFTING

O pasado día 10 de abril tivo lugar a xa tradicional actividade de rafting.Nela participaron 33 alumnos/as de 3º e 4º da ESO e tivo lugar no río Miño,preto da localidade de Arbo.
O descenso fixose en dúas tandas e mentras un grupo estaba no río o outro grupo participaba nunha pequena carreira de orientación.Despois intercambiaban asd actividades.
Todo transcorreu con normalidade agás a actividade de sendeirismo que nos había levar de Caldelas de Tui a Tui mesmo onde nos agardaría o bus.Unha lixeira indisposición dunha alumna fixo máis aconsellable anular esta parte.
En calquera caso a actividade foi un éxito o cal nos anima a repetila o vindeiro curso(e xa van oito).

24/04/08

A SOMBRA CAZADORA








Esta historia gustoume moito. Os meus coñecidos que xa a leran, fixéronme o gran favor de non contarme o que pasaba en ningún momento... e sorprendeume.

Encantoume a maneira de narrar, e a personalidade dos personaxes.



Andrea Bacelar

4ºB

AMOR DE TANGO








Recoméndolle
este libro a toda a xente que lle gusten as historias de amores imposibles.
Lendo este libro pódese coñecer a situación de Vigo nos tempos das grandes conserveiras cataláns, nos anos 20 e 30.


Rebeca Fandiño Gómez 4ªB

11/04/08

NORABOA!!!


O Club dos Poetas Vivos.

O Club dos Poetas Vivos xurdiu entre un grupo de alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Illa de Ons de Bueu no outono do ano 2007. Cada un dos integrantes tiña escrito poemas e un día crearon un colectivo (“Ti/o meu universo…”). A partir de aquí presentouse a posibilidade de actuaren como un colectivo poético, polo que buscaron un nome e unha imaxe que os identificase. A imaxe é unha rosa que nos remite aos antigos tópicos literarios sobre vivir o momento presente (“Colligere virgo rosas”: coller as rosas no seu esplendor), e o mesmo acontece co nome Club dos Poetas Vivos, parafraseando o título do filme que trata dun grupo de alumnos poetas nun colexio de disciplina inglesa.

Os integrantes deste colectivo de poetas son Agustín Gallego Piñeiro, Estrella Pérez Porto, Tamara García Piñeiro e Yoel Parada Santos, todos eles estudantes no curso de 3ºB.

ahí vai unha pequena mostra do seu arte:

que me mata máis a túa dor

que a miña propia morte(YOEL)

O MAL,

asasino,

mal da cabeza,

que tantas vidas…

que tantas vidas leva.(AGUSTÍN)

Ti

o centro da miña vida:

douche as grazas

por quererme así

por amarme

sen medios

e facerme feliz.(TAMARA)


Cada noite

mirando as estrelas do ceo

pídolle a deus

que se algún día

os teus beizos non bico

me saque a vida.(ESTRELLA)

preme nesta ligazón para ver o traballo que fai o "Club dos Poetas Vivos"

http://endl-illadeons.blogspot.com/


07/03/08


Non é un libro moi bo, ten un vocabulario moi pobre. Nalgúns capítulos non se sabe moi ben de que trata nin quen o conta. Non me gustou, porque os capítulos non gardan relacion entre si e nalgúns casos deixache con intriga.

Yolanda Entenza Rúa 3º A


Este libro emprega un vocabulario bastante vulgar. Non me gustou porque alguns capítulos saltan escenas e non se sabe ben como acaban. Tampouco se diferencia ben o xénero das persoas que falan.

Rebeca Agulla Peixoto 3ºA

06/03/08

Salitre


SALITRE
AUTOR/A: JAUREGUIZAR
EDITORIAL: XERAIS


Gustoume porque é unha historia xuvenil, practícase o surf e aparecen nomes de marcas de roupa, motos da realidade. Ten un final un pouco pobre.

Ángel Estévez Pastoriza [18/12/2008]

Este libro gustoume moito. É un tanto "moderno", pois creo que hai libros que carecen disto. O único que non me gustou foi o final, que creo que parece precisar dunha segunda parte.

Mauro Álvarez Martínez [18/12/2008]

Gustoume moito porque é un tema que me interesa, xa que trata algo do surf.No momento en que o lía resultábame difícil parar, porque me enganchaba, e en ningún momento me aburría.


Catalina Otero Pérez 3ºA

Pareceume un libro interesante, pero sobre todo moi cercano, pois a historia que conta poderíanos pasar a calquera de nós, vivindo como vivimos nun pobo mariñeiro.

[ Elena Martínez Graña 3ºA ]

O libro gustoume bastante. Aínda que o comezo é un pouco aburrido.Despois foise poñendo interesante. O final foi o que máis me gustou.


Nerea Rosas Regueira 3ºA

Salitre gustoume moito porque está reflexado na vida real e podes aprender un erro moi grande que é falar da xente sen coñecela porque despois ten consecuencias. É moi fácil de ler, é moi entretido e é moi gracioso.
Miriam Ferradás González. 3ºB(30-10-09)


Gustoume bastante,non moito, pero como fala de surf comparado con outros libros é un dos mellores dos que lín.

Hugo Santaclara Estévez 3ºB (23/11/09)



Este libro gustoume moito porque o personaxe é por un lado moi responsable, pero polo outro mente para agochar a unha persoa á que quere moito.

Alba Fariña Torres 3ºA Data (27-11-09)


O libro de salitre e moi fácil de ler, de maneira que llo recomendo a toda a xente que queira lelo.

Adolfo Buceta Cobas 3º ( 18/11/09)



Lin Salitre por recomendación dun compañeiro ao que lle gustara moito, foi el quen mo regalou. Dende ese día comeceino a ler e gustoume dende o comezo. É un libro fácil de ler pola súa intriga e que gusta moito xa que pasa na actualidade e ocórrelle a xente da nosa idade.
Iria Piedras Gómez 3º (4/12/09)


É un libro entretenido pero moi simple , xa que o final é moi prebilible debido a que se dan demasiadas pistas durante o relato.
Pedro Novas Otero (4º ESO. 21/12/09)


É un libro moi interesante por que conta unha historia dun adolescente e a súa moza , con moitas cousas da realidade como as marcas da roupa, etc.Eu recomendovolo :é un libro moi interesante.
Jorge Resille Garcia(21/12/09)

Salitre gustoume moito ,porque era interesante .Conta a vida dun rapaz e da sua moza , e ocorrenlle cousas que nos pode pasar a calquera de nos .O malo é o final.
Manuel Angel Perez Piñeiro(21/12/09)

Os biosbardos


AUTOR/A: EDUARDO BLANCO AMOR

Foi un libro que non me gustou moito porque ten unha linguaxe moi difícil de comprender.O relato que maís me gustou foi a " Arrasadeira", porque me pareceu interesante ver como se divertían antes os rapaces.

Sandra Smyth Novoa 3ºA

A rutina corsaria


A RUTINA CORSARIA
AUTOR/: JAUREGUIZAR
EDITORIAL: XERAIS

En xeral gustoume o libro polas súas aventuras e o compañeirismo que ao final se formou. O que me molestou foi que deixaran aos Guns And Roses como paiasos.
Raquel Iglesias Regueira. 3ºA. (28/12/2008)

O libro gustoume moito aínda que case no final decepcionoume un pouco, pero ainda así é moi divertido e engancha. A min non me gusta ler moito pero este libro gustoume e tiña ganas de lelo, non coma outros que se fan aburridos e quedo medio durmida ao lelos.



Cintia Pequeño Otero. 3
º A

05/03/08

O SEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA


O segredo da Pedra Figueira gustoume moito.Resulta un libro moi interesante porque trata sobre os antigos clans e os problemas de buscar un territorio sendo desterrado do que tiñan.Este libro ten moita maxia e recoméndollo a toda a xente á que lle guste as aventuras. JOSUHA ACUÑA MARTÍNEZ 3ºA.

É un libro moi entretido, sobre todo recoméndollo a xente que cre nos mitos e lendas galegas, posto que estas son moi parecidas. Esta historia transcorre case todo o tempo no mar, e trata dunha tribu que se ten que trasladar das súas terras ata Finisterra, porque estaban sendo atacados por outra tribu guerreira e moi sanguinaria.
Hugo Bacelar Martínez 3ºA

Emboscadas no gran norte


Pareceume un libro algo intrigante, pero só un pouco. Gústame como remata, porque atrapan a Lizanne. Non é dos que máis me gustan, pero estivo ben. Trata de dous indios que teñen unha misión importante, o destino do seu pobo. Mentres protexen a pipa do seu pobo son perseguidos por unha empresa de petróleo.

Hugo Bacelar 3ºA.

29/02/08

O vixía entre o centeo


Gustoume a historia da que trata, aínda que o protagonista é un rebelde e mal estudante.A curiosidade que ten este libro é que foi lido polo asasino de John Lennon

Mº Elisa Dios Ríos 4ºB

O señor das moscas


É un libro bastante interesante que quere darnos a coñecer que en toda persoa hai maldade por moi pouca que sexa como ocorre coa matanza dun dos protagonistas por algún dos seus compañeiros

Mº Elisa Dios Ríos 4ºB

Soidades de Ana


Considero que é un dos libros que máis me gustou. Este libro reflicte fielmente a realidade e as consecuencias de moitas tolerias que se fan inconscientemente e do apoveitamento dunha inocencia,a rebeldía e a falta de confianza nos pais que moitas veces queren un fillo/a exemplar

Mónica Rodríguez Juncal


Este libro a mín encantoume.

Trata sobre os problemas ao abortar dunha adolescente que a leva a morte debido a un círculo de erros consecutivos

Rebeca Fandiño Gómez 4ºB

25/02/08

recollido da páxina de Xosé Vidal

http://xosevidal.blogia.com/

Razóns para o uso do software libre nas aulas

1. Tanto o software libre como o software privativo permiten desenvolver os contidos e actividades programadas nas escolas.

2. O software libre está na súa maioría traducido a linguas minoritarias, e en particular a lingua galega. Non acontece o mesmo con outras aplicacións básicas en software privativo.

3. Se utilizamos software privativo na escola (a Administración permíteo porque hai uns anos apenas existían alternativas) estamos condicionando ao alumno/a a utilizar o software dunha empresa que posúe o monopolio neste campo (Microsoft). E tamén indirectamente obrigándolle a utilizar o software utilizado na escola na súa propia casa.

4. Os alumnos/as teñen acceso ao software libre de forma gratuita e legal, e poden compartilo.

5. A filosofía do software libre concorda cos valores promovidos pola escola para unha correcta socialización (solidariedade, colaboración,...)

6. E a última por agora... prefiro traballar por unha causa solidaria e pertencer á comunidade do software libre, que traballar gratis para Microsoft (empresa privada con intereses lucrativos, e que a min non me dá nada) axudando a "fidelizar" a persoas "inocentes".

Presento a continuación unha serie de documentos que achegan máis argumentos para o uso do software libre nas aulas, con especial relevancia das entrevistas e conferencias de Richard Stallman, o principal impulsor da filosofía do software libre.

Conceptos xerais sobre o software libre.

20/02/08

Noitebra


Gustoume polo pouco convecional que me parece, porque dos libros que lin este comta unha historia que sucede en apenas vintecatro horas e trata temas que a min me gustan.

Agustin Gallego Piñeiro



Foi un libro que me gustou moito,está cheo de intriga porque non se sabe a onde irá parar o personaxe principal,a parte fai unha boa descripción da paisaxe e ambiente chegando a facer que nos sintamos un máis dos persoaxes
Mónica Rodríguez Juncal


Noitebra é unha aventura espeluznante dunha rapaza que se encontra atrapada nunha noite de chuvia por mor dun accidente coa súa escúter, intentando chegar á súa casa. Encantoume e recoméndollo a todas as persoas que lles guste ler nunha tarde chuviosa onde non teñan a onde ir. JOSUHA ACUÑA MARTÍNEZ 3ºA.


Noitebra é un libro moi interesante.
O que máis me gustou e o que lle pasou dende que caeu da moto ata que a colleu.

Recoméndoo porque me parecen interesantes as aventuras da rapaza, que como a ela, poderíanos pasar a nós.

Ainoa Verde Rios 3º B


Gustoume moito.A historia interesoume dende o principio ata o final,e o libro fíxoseme curto de ler.

O tema a tratar pareceume interesante e o vocasbulario empregado fácil de comprender.Rebeca Agulla Peixoto 3ºA


Este libro gustoume moito.Desde o comezo "enganchoume" porque cada vez ponse máis interesante;á rapaza despois de ter o accidente pásanlle varias cousas.Ademais lese ben porque ao ser interesante faise curtiño.Mirian Durán Freire. 4º B


Gustoume moito porque aprendín como podes facer cando te atopas nesa situación para sobrevivir. Fíxome pasar un bo tempo esté libro.

Miguel González Domínguez (21/12/09)