1º Premio: María Tenorio Solla
2º Premio: Alexandra Iglesias
3º Premio:Lucía Martínez
A realidade dos soños.
Principio a escribir isto nun venres escuro un dos días mais tristes da miña vida, a falta de cousa mellor que facer. Hoxe é o dia dezanove do mes de Nadal de 2077. Todo comezou así: A mañá non fun á clase xa que tiña unha forte dor e barriga. Quedeime na cama mentres miña nai non voltaba do traballo. Durmín ata ás doce, pasáronseme moitas cousas nesas horas de sono. Todo estaba escuro. Era estraño, xa que xa eran as catro da tarde. Saía pola porta cara á casa da miña tía e ao abrir a porta atopei un periódico, dicía que nunhas horas o mundo desaparecería, tan só sobrevivirían catro persoas; seríamos pisados por persoas con forma de árbores de Nadal que medirían máis do triplo ca nós. E así foi.
Eu aínda estaba lendo ese xornal, cando levantei a vista, e fronte a min estaba aquela árbore de Nada, con un millón de bólas vermellas e douradas. Quixen entrar para a casa, pero a porta fechárase soa, cousa que nunca antes pasara; non tiña escapatoria, era xa demasiado tarde para fuxir correndo. Tiña a eses seres xigantescos a medio metro de min, o cal non eran nin centímetros,xa que os seus pes eran moi longos. Pensei que me pisaría como aquela portada do xornal dicía, pero non foi así era coma e non me vise, sería un deses catro superviventes?
Neste intre soou o timbre, o carteiro cortárame o sono no momento máis interesante. Logo chegou miña nai, levoume ao médico, xa que a miña febre xa era moi elevada e non era normal. Fomos no aerocoche da miña nai para chegar máis pronto. Alí atendéronnos de súpeto. Non podía ser,os médicos transformáranse nas árbore de Nadal do meu sono, só que en tamaño reducido. Miña nai colleume da man e intentou fuxir correndo da consulta canto antes, pero a porta estaba pechada!Eu era transparente para eles, atravesáronme igual ca no meu sono, pero miña nai non era unha de sas catro persoas superviventes; collérona, puxérona na padiola, despregaron as súas ás, e saíron voando de alí con ela.. Dende entón levo días buscándoa, pero non hai rastro dela.
Eses seres xigantes destruíron o mundo en menos de carto días. Durante eses catro días que estaba en liberdade non parei de buscala ata debaixo das pedras; e digo liberdade porque ao quinto día metéronos a todos nunha gaiola xigante, só éramos catro, como o xornal indicou, eran todos auténticos descoñecidos para min; un era da China, de África, e outro parecía alemán. Non falábamos, xa que non nos poderíamos entender.
Eu choraba nun recuncho, non atoparía a miña nai xamais, non lle puidera nin dar unha aperta de despedida, nin un último adeus.
Hoxe, engaiolado sigo pensando en qué farían con ela e se algunha vez volvereina a ver.
María Tenorio Solla. 2ºB.