Foto biblioteca
24/01/08
30 DE XANEIRO "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ"
30 DE XANEIRO "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ"
UNIDADE DIDÁCTICA
¡ POR UNHA CULTURA DE PAZ!
PARA 2º CICLO DA ESO
http://www.intermonoxfam.org/cms/HTML/espanol/2217/DENIP_porunacult_gal.pdf
UNIDADE DIDÁCTICA " A AXENCIA DE VIAXES"
PARA 2º CICLO DA ESO
http://www.intermonoxfam.org/cms/HTML/espanol/2217/DENIP_2ESO_gal.pdf
UNIDADE DIDÁCTICA PARA 1º CICLO DA ESO
COMO GARANTIR A PAZ E A NON VIOLENCIA.
PREME NESTA LIGAZÓN:
http://www.intermonoxfam.org/cms/HTML/espanol/2217/DENIP1ESO_galego.pdf
http://www.intermonoxfam.org/cms/HTML/espanol/2217/DENIP_1ESO_gal.pdf
11/01/08
LIBRO DAS ALQUIMIAS
Compañeiros, despois da lectura do LIBRO DAS ALQUIMIAS de Xesús Constela Doce, o que nos vai vir dar a charla dentro do programa lector, enviovos un pequeno resumo do mesmo.
Editorial Galaxia (Costa Oeste)
"Un rapaz que está a descubrir o mundo encontra de pronto a presenza dun vello que vai deixando ao seu paso, sen decatarse, unha guedella de estreas. Días despois sabe que ese ancián é o novo inquilino do baixo do seu edificio. A partir dese momento, a súa atención centrase en coñecer as misteriosas actividades ás que o vello se dedica (que son recoller e coidar dos libros). É un libro que fala do coidado dos libros, das alquimias que podemos descubrir neles. Fala de Historia, de Matemáticas, sin facerse pesado, da queima de libros desde os tempos de Alexandría."
Está recomendado para os adolescentes, personalmente resultoume moi fácil de ler. O libro ten 188 páxinas e está dividido en 29 capítulos.
publicado por FINA DOCE
TRISTES ARMAS
TRISTES ARMAS
AUTOR/A: MAYORAL, MARINA
EDITORIAL: EDICIÓNS XERAIS
Tristes armas:
Este libro gustoume porque me interesaba a época na que se ambientaba ( na guerra civil española ) e ademais ten unha historia moi bonita.
Pedro Novas Otero 3ºA (18/12/08)
Tristes Armas:
Este libro pareceume moi interesante pero á vez triste polas rapazas que están lonxe dos país por causa da Guerra Civil, elas están orfas.
Miriam Durán Freire 3º A
“Tristes Armas” conta unha fermosa historia de amor, ambientada na época da Guerra Civil, na que as protagonistas, xunto cos demais nenos españois, son exiliados a Rusia, e alí refán as súas vidas.
EU TAMÉN SON MANIÁTICA
AUTOR/A: MA PHERSON
EDITORIAL: EDICIÓNS XERAIS
Esta novela está directamente relacionada con "Novo diario dun xove maniático", polo que eu recomendo ler as dúas novelas para entendelas enteiramente.
É un libro do mesmo tipo de "Novo diario dun xove maniático", pero este fálanos principalmente do mundo das adolescentes.
Ángel Manuel Torrres 3º A
AS MANS DO MEDO
AUTOR/A: XOSÉ MIRANDA
EDITORIAL: EDICIÓNS XERAIS
Este libro non me gustou moito na súa maior parte, porque varios dos relatos que nel se contaban, para min, eran moi difíciles de entender, e algúns tiñan finais que non esperaba e non me sorprendían como eu pensaba antes de lelos. pero aínda así, hai algúns relatos que si entendín e que valen a pena.
AIDA FERRADÁS VILLANUEVA 3ºA
As mans do medo:
O libro está ben, pero a mellor historia é, sen dúbida, a primeira. Gustoume.
Idoya Cancelas León 3ºA (data 27/ 11/09)