Foto biblioteca

Foto biblioteca

11/01/08

LIBRO DAS ALQUIMIAS



Compañeiros, despois da lectura do LIBRO DAS ALQUIMIAS de Xesús Constela Doce, o que nos vai vir dar a charla dentro do programa lector, enviovos un pequeno resumo do mesmo.

Editorial Galaxia (Costa Oeste)

"Un rapaz que está a descubrir o mundo encontra de pronto a presenza dun vello que vai deixando ao seu paso, sen decatarse, unha guedella de estreas. Días despois sabe que ese ancián é o novo inquilino do baixo do seu edificio. A partir dese momento, a súa atención centrase en coñecer as misteriosas actividades ás que o vello se dedica (que son recoller e coidar dos libros). É un libro que fala do coidado dos libros, das alquimias que podemos descubrir neles. Fala de Historia, de Matemáticas, sin facerse pesado, da queima de libros desde os tempos de Alexandría."

Está recomendado para os adolescentes, personalmente resultoume moi fácil de ler. O libro ten 188 páxinas e está dividido en 29 capítulos.

publicado por FINA DOCE

Ningún comentario: