Xa queda menos para o Samaín e no IES Illa de Ons estamos cos preparativos da celebración desta data. O Equipo da Biblioteca, o Equipo de Dinamización Lingüística e os Departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá, están a organizar unha serie actividades para o día 6 de novembro, aproveitando que tamén celebramos o Magosto.
Ademais dunha serie de lecturas de terror por parte do alumnado e o profesorado do centro, os voluntarios/as da biblioteca están elaborando varios elementos decorativos para ambientala. O alumnado, profesorado e persoal non docente do centro que teñan interese en participar poden vir á biblioteca durante os recreos desta semana e da vindeira, onde recibirán indicacións dos colaboradores/as que actuarán como monitores/as das diferentes actividades.
Se ademais queres participar no Concurso de cabazas terroríficas recorda que debes traela o luns día 30 de outubro. Podes deixarlla a Carolina na conserxería ou entregarlla a Olalla na aula de plástica ou na biblioteca.
Moitas grazas pola vosa participación.