Foto biblioteca
28/10/08
NORABOA POLO PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
23 de outubro de 2008
A obra galardoada é O único que queda é o amor
Agustín Fernández Paz foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2008 pola súa obra O único que queda é o amor, editada por Xerais. O Premio concédeo o Ministerio de Cultura para distinguir unha obra escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada durante 2007. Está dotado con 20.000 euros.
Biografía
Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo. 1947), profesor de Lingua e Literatura no Instituto dos Rosais de Vigo, pertence aos colectivos de renovación pedagóxica Avantar e Nova escola Galega. Impartiu numerosos cursos sobre temas relacionados coa didáctica da lingua e coa normalización lingüística.
Obtivo, entre outros, o premio Merlín de literatura infantil en galego, o Lazarillo, Edebé de Literatura Xuvenil e o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Entre a súa numerosa produción literaria cabe citar Cartas de inverno, Amor dos quince anos, Un tren cargado de misterios, No corazón do bosque, Corredores de sombra, Contos por palabras, Rapazas, Trece anos de Branca e O raio veloz. A súa obra foi traducida ao castelán, catalán, éuscaro e portugués.
O Xurado
O Xurado estivo composto por Margarita Salas, da Real Academia Española; Manuel González, pola Real Academia Galega; Xavier Etxaniz, pola Real Academia da Lingua Vasca; Cristina Minguillón, pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil; Remedios Morales, pola Conferencia de Reitores de Universidades Españolas; Marta Rivera de la Cruz, pola Asociación Colexial de Escritores; Rosario González, pola Federación de Asociacións de Xornalistas de España; María Menéndez, polo ministro de Cultura; Jordi Sierra i Fabra e Fernando Marías, autores galardoados en edicións anteriores. Actuou como presidente o director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, Rogelio Blanco, e como vicepresidenta a subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras, Mónica Fernández.
27/10/08
SAÍDA Ó CAUREL
O xoves 23 e venres 24 saímos 3 profes con 33 alumnos/as de 4º da ESO, para visitar a cova da Ceza, e a devesa da Rogueira,e xa de volta facer unha parada no Cebreiro.
A saída foi o xoves ás 9 da mañá do instituto, e fixemos a viaxe en autobús.
Ás 14 horas estaba entrando na cova o primeiro grupo de 11 rapaces, cunha duración dunha hora aproximadamente no interior da cova para cada grupo.
Ó remate ás 18,30 dirixímonos para o campamento que está en Seoane do Caurel e pasamos a noite nos bungalows.
Levantámonos cun día frío pero co ceo despexado, pensando en subir ó Formigueiro (1.630m),e percorrer a devesa da Rogueira, cousa que fixemos deica as 14,45h.
A continuación marchamos xa de volta a casa, non sen antes facer unha paradiña no Cebreiro ,con visita ó interior dunha palloza.
A cova da Ceza está percorrida por un regato que nace nun lago situado ó final da cova.Ten un percorrido duns 650 metros e atopase na parroquia de Noceda a 7 km de Seoane do Caurel.
Na seguinte ligazón podedes ver un percorrido ó interior da cova. ¡ Vale a pena dedicarlle uns intres!
A COVA DA CEZA. CPI DOS DICES ROIS. 1º PREMIO na modalidade C a innovación de recursos educativos
Espeleoloxía
Descubrindo o mundo subterráneo
Dende sempre, o home interesouse pola exploración das covas na busca de acubillo, vivenda, auga e mesmo tesouros. Por estes motivos, o nome da nosa práctica deportiva,Espeleoloxía, toma o seu nome de dúas palabras gregas «spelaion: caverna ou cavidade» e «logos: tratado ou estudo».
Aínda que ó longo da historia houbo exploracións subterráneas, a práctica tal e como hoxe a coñecemos, nace a finais do século XIX da man de Edouard-Alfred Martel, verdadeiro promotor e pioneiro do que hoxe en día chamamos espeleoloxía moderna.
O crecemento da espeleoloxía en España e Galicia, malia ter que facer mención das exploracións feitas polos galegos Casiano de Prado e Jesús Carballo a mediados do século XIX, é moi lento ata mediados dos anos 60 (do século XX). A partir deste momento prodúcese un auxe na práctica
deste deporte.
A espeleoloxía deportiva
A práctica da espeleoloxía permítenos:
- Descubrir o que hai debaixo da terra: salas, galerías, ríos, lagos, estalactitas, estalagmitas, ...
- Facer un deporte moi completo, onde escalamos, descendemos e ascendemos por cordas, ...
- Coñecer a natureza, montañas, ríos,...
- Realizar un traballo en equipo, fundamento da exploración espeleolóxica.
A espeleoloxía como deporte-ciencia
Ademais de todo isto, a espeleoloxía ten un compoñente científico, xa que nós, como espeleólogos levamos a cabo:
- As topografías das cavidades, para o que realizamos medicións con brúxula, clinómetro, fita métrica e outros aparellos.
- Estudos hidroxeolóxicos, coa finalidade de coñecer o comportamento das augas subterráneas, tanto dende un punto de vista científico, como para realizar as exploracións con seguridade.
- Estudamos e loitamos pola conservación da fauna subterránea, pouco coñecida e nalgúns casos de grande interese biolóxico.
- Ademais doutras áreas como: arqueoloxía, climatoloxía, fotográfica, mergullo en cavidades, ....
Información recollida da páxina da federación Galega de espeleoloxía.
26/10/08
COA MÚSICA A OUTRA PARTE
Hoxe fomos coa música a outra parte. Fomos a Santiago para escoitar flamenco feito por un galego da Pobra do Caramiñal, Marcos Teira. Marcos, acompañado do percusionista e baterista vallisoletano L.A.R. Legido, foi recorrendo os paus máis significativos do flamenco e foi tocando dous temas de cada un. O primeiro tradicional e o segundo unha composición actual. Marcos sabe que non se pode perder a perspectiva, que é importante coñecer a raíz. Pero Marcos toca moitos paus ademais do flamenco, toca folque, rock, jazz... Tocou con Rodrigo Romaní, con Budiño, con Leilía...hoxe comparte dúas formacións Marful e Narf. É un guitarrista de referencia.
Se queredes iniciarvos no coñecemento do flamenco recoméndovos que leades e escoitedes a unidade didáctica que preparou e que podedes topar nesta dirección:
http://www.auditoriodegalicia.org/didactico/index.php?idn=./Unidades_Didacticas_Musicais/Unidades_didacticas._Tempada_2008_2009&lg=gal&txt=aud_didactico
Escoitar outras músicas axúdanos a entender mellor o mundo, incluso o que temos máis próximo.
O seu MySpace é:
http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=207169039
A escoitar!!!
20/10/08
LAMATUMBÁ
PERO SE ELES TOCAN TI TES QUE BAILAR.
Eles toparon o remedio para bailar seguido sen que a chuvia te estrague unha festa. E co festeiros que somos en Galicia vai ser o invento do século. O pirandargallo, si, como o escoitades, o pirandargallo, que non é outra cousa que un paraugas pinchado no Polo Norte e tan grande como faga falta. Non podía ser outra cousa pensando que ven dun ourensán, Xan da Cova, precursor do Rexurdimento galego, de quen Lamatumbá recolle a idea. Un paraugas universal, unha proxección ourensá a escala planetaria. Así é como lle chaman ao seu último disco paraugas universal.
Xa temos o tempo asegurado para a festa, non choverá, pero faltan os músicos, a orquestra. E a orquestra do século XXI é LAMATUMBÁ. A verbena permanente.
Herdeira das grandes orquestras galegas dos anos cincuenta que incorporaban os ritmos bailables do jazz norteamericano, Lamatumbá é capaz de ir máis lonxe, atrévese a crear un novo son mesturando rock, cumbia, reggae, ska, pasodobre, funky… e o que lle boten. Se ti bailas eles tocan. Pero se eles tocan ti tes que bailar.
Actualiza o concepto de orquestra e dálle un senso próximo á xuventude pero sen perder de vista a esencia da orquestra, diríase máis, despóxanse de todo excepto do único esencial neste tipo de agrupación, son máquinas perfectas nacidas para facerte bailar.
As súas letras falan das nosas cousas e as súas músicas tamén, xa que incluso fan unha chiscadela musical a Los Tamara, a lendaria orquestra.
Lamatumbá, a festa rachada, a esmorga total.
16/10/08
II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES EN SANTIAGO.
ESTE FIN DE SEMANA ESTAREMOS EN SANTIAGO, PARTICIPANDO NOS SEGUNDOS ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, ESCOITANDO,GOZANDO, VIVINDO
OUTRAS EXPERIENCIAS .