Como xa sabedes, o noso centro está a participar no proxecto 21 Días co Galego e +, un programa co que se pretende aumentar e perfeccionar o emprego
oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada
persoa ten co galego e co resto das linguas que coñece.
No blog de 21 días puidemos atopar, durante estas semanas, propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura. A maioría dos contidos foron realizados polo alumnado e o profesorado de cada un dos dez centros de ensino participantes.
Hoxe foron publicados no blog os contidos enviados desde o noso centro. Preme na imaxe para poder acceder a eles.