Foto biblioteca
20/12/07
14/12/07
AIRE NEGRO
AIRE NEGRO
AUTOR/A: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
A min este libro gustoume moito polas historias que conta que parecen reais pero o final todo è un conto. Eu recomendollo a xente que lle guste o misterio
Seila Masenlle 3º B
É unha historia ben bonita dun gran escritor como é Agustin Fernandez Paz. A historia conta o que lle sucede a unha rapaza que cree imaxinar cousas que poden ser realidade ou inconsciencia.
Eloy Agulla Gago 3ºA
A historia é interesante e non é aburrido, pero tampouco divertido. Algunhas veces é intrigante. En xeral é unha boa historia e é recomendable.
Nadir Simes Méndez 3ºB
É o libro que máis me gustou en galego porque mestura a realidade coa ficción facendo a historia verosímil
Idoya Cancelas León 3ºA
O libro AIRE NEGRO non me gustou moito ainda que me parecia moi interesante. A causa foi que mesturaba feitos fantasticos e feitos reais. A parte que mais me gustou fai cando o doutor busca a cura para a rapaza. O seu intento de curala provocou en mi ,un enorme sentimento de preocupacin e a vez conseguiu chamar a miña atencion.
Elvis Martinez Peralta (21/12/09)
¿SOBREVIVES?
AUTOR/A: FINA CASALDEREY
-¿sobrevives?
Este libro gustoume porque a autora escribe máis ou menos como falariamos nós, inda que se pasa un pouco coas palabras malsoantes.
Durán Pouseu,Celestino 3º A
-¿Sobrevives?.
Este libro gustoume moito, canto máis lia, máis me gustaba… gustoume porque trata dun tema que pode ocorrer na realidade entre as familias… os protagonistas son dous irmáns entre eles van ocurrindo varios sucesos.
O libro sobrevives gustoume porque trata dun rapaz que non lle gusta estudar, quere sre cociñeiro, e tamén ía de festa cos seus amigos, aínda que acaban en pelexas
Lourenzo Duran 3º A
É un libro xuvenil, o típico libro que conta como é a vida dun rapaz. É un deses libros que te engancha e ademais, conta cousas reais coas que te poden chegar a sentir identificados: o tema das drogas, o sexo, problemas no estudo, etc. Eloy Agulla Gago 3ºA
A BANDA SEN FUTURO
AUTOR/A: MARILAR ALEIXANDRE
Este libro gustoume moito, pois a narradora é unha rapaza de dezaseis anos(a protagonista), quen ten a mesma forma de pensar ca nós. Outra razón pola que me gustou o libro, foi porque hai moitos detalles del, que véxoos reflectidos na nosa realidade.
Araceli Durán Barreiro
Disfrutei moito lendo este libro pois conta unha historia moi realista dunha rapaza aproximadamente da miña idade á que lle pasan cousas que nalgún momento nos pasaron ou nos pasarán a nós.
Elena Martínez Graña 3ªA.
Trata dunha nena que se translada de zona polo pai, a quen lle aumentan o soldo. A ela no colexio chamábanlle Cocoliso e cousas que a molestan.
A min gustoume bastante, pode pasar na vida real.
Miriam Durán Freire 3º A
Este libro gústame moito. En ningún momento me aburriu. Os capítulos enganchábame, eran entretidos. Contaban a vida de Carlota, unha rapaza que tiña leucemia, que todos os días tiña que enfrentarse a cousas novas: novo colexio, novos amigos...
Sara Garrido López 3ºA
A banda sen futuro gustoume moito, xa que trata duna rapaza de 16 anos que chega a un instituto novo, vai contando todo o que lle pasa. Eu recoméndoo.
Mónica Porto González (5/12/2008)
04/12/07
25/11/07
REMATEMOS!!!
25 de novembro: non á violencia de xénero
Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica… contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .
.
22/11/07
HOMIÑO DE PLASTILINA
OS LIBROS FALAN!!!
CORTO DE ANIMACIÓN FEITO POLO ALUMNO SAMUEL ORTIZ E UN PROFESOR DO SEU CENTRO, IES MANUEL CHAMOSO LAMAS DE O CARBALLIÑO(OURENSE).
21/11/07
DOS ARQUIVOS DO TRASNO
EDITORIAL: GALAXIA
O libro non me gustou moito polo difícil que é ler tantas historias para recordalas. Á parte diso a historia que máis me gustou foi a do rapaz que resucitou e o final é sorprendente.
Sandra Smyth Novoa 4ºA (5/12/2008)
É unha novela que mantén o interese ata o final, a trama está moi ben desenrolada e pese a ser unha historia fantástica é bastante realista.
Ángel Manuel Torres Ferradás 3ºA
Outra dos relatos de Agustín Fernandez porque volve falar de creenzas, lendas, mitos que temos aquí na nosa terra. Esta vez céntrase na historia dunha casa enmeigada.
Eloy Agulla Gago 3ºA
A min gustoume moito, é un libro de misterio moi interesante, canto máis se le máis interesante se fai.
Miriam Durán Freire 3º A
LIBROS EN GALEGO RECOMENDADOS EN 1º ESO
20/11/07
A ESMORGA
AUTOR/A: EDUARDO BLANCO AMOR
EDITORIAL: GALAXIA
É un libro complicado de entender, porque ten un vocabulario algo difícil.
Ao principio é algo aburrido pero ao final ponse algo interersante.
AINOA VERDE 4º A (5/12/2008)
O VIOLÍN DE AUSTHWITCH
AUTOR/A: M . ANGELS ANGLADA
EDITORIAL: EDICIÓNS XERAIS
É un libro moi interesante,e conta unha fermosa historia.Pero á súa vez é moi triste,polo momento histórico no que está ambientado(nos campos de concentración ).
ELENA MARTÍNEZ GRAÑA 4º A (5/12/2008)
19/11/07
12/11/07
A SESTA DO MEU BISAVÓ
09/11/07
"DÍAS DE DESTERRO"
AUTOR:XAVIER LÓPEZ RODRÍGUEZ
Editorial:Xerais:1996
o libro de "días de desterro" é bastante bo,é algo difícil porque son quince cartas,pero enganchaste rápidamente, tamén hai un factor que non se desvela até a metade do libro. Se se quere saber que é,hai que ler o libro.
Yoel Parada Santos 4ºA(16-12-08)
Trata dun rapaz que comete algúns delitos e ten que fuxir da policia.Pareceume interesante e fácil de ler.
Mirian Durán freire 4ºB (12-12-2008)
O libro Días de Desterro gustoume, pois narra a vida que leva o protagonista e iso gústame. É un libro fácil de ler, recoméndollo a moita xente.
RAQUEL iGLESIAS 4º ESO (24/11/09)
08/11/07
NOVIDADES DA NOSA BIBLIOTECA
"CANDO OS ANIMAIS FALABAN"
Autores:A.Reigosa/A.Meixide/X.Miranda
Editorial:Edicións Xerais de Galicia.2002