Foto biblioteca

Foto biblioteca

09/06/12

Presentación libro ons ondas

O próximo mércores día 13 de xuño ás 21h no museo Massó de Bueu terá lugar a prresentación do libro "ONS ONDAS", libro composto por historias recollidas por alumn@s do IES ILLA de ONS,relativas ao mundo do mar, a pesca,a illa de ONS,a navegación.


<<Adán,como os antigos,sabe quen é,venera os seus antepasados,ama a súa illa,o su traballo e o seu mar.

Adán é doutro tempo, do tempo no que valía a palabra dun home, do tempo en que a comunidade sentía.Adán é do tempo en que as persoas cantaban ao traballo.

Se ben se mira, estas catorce historias puideron ser contadas por Homero.A fin de contas Ulises era un navegante que adoecía por voltar a súa illa, que era tan pobre que “só é boa para as cabras”.A cousa non estaba entón no diñeiro nin na riqueza.Era outro o motivo de voltar.

Unha comunidade sostendo a pulso un barco desde terra con cabos durante toda unha noite é un relato épico.Máis para Adán iso forma parte do normal.Todo depende de como se mire.Eu mireino desde fóra e estou abraiado.

Nas historias que ambienta na Illa as persoas son personaxes dunha obra e o mar envólveas nunha maré de soño .

Ás veces o propio Adán paréceme un persoaxe, unha parte dun soño dun neno, a inocencia do libro da Xénese encarnada no primeiro home.

Grazas, Adán.>>

Escrito de Xoán Xosé Rodríguez Rivas no libro ONS ,ONDAS