Do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Venres 26 de 17 a 21h.
Sábado 27 e domingo 28, de 11 a 21h.
Consulta o programa cultur.gal
Do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Venres 26 de 17 a 21h.
Sábado 27 e domingo 28, de 11 a 21h.
Consulta o programa cultur.gal
“Tod@s levamos dentro historias fascinantes que rexistrar, para non esquecer, para saber quen somos, para aprender das experiencias vividas.É un exercicio de autoridade persoal que cando se practica regularmente enriquece a conversa con nós mesm@s e co mundo que nos rodea, mellora a nosa capacidade de comunicación, equilibra a nosa vida emocional e favorece a creatividade”.
Marisé Barreiro
O pasado venres reunímonos na biblioteca para escoitar as interpretacións que unha parte do alumnado de 2º ESO fixo de distintas historias de terror. Brais, Saray, África, Tania, Óscar, Anxo, Nuria, Antía, Hugo, José Ángel, Óliver, Xoel, Carlota, Asier, Pepe, Adrián, María Ese, Eva, Juan e Ángel lograron facernos tremer de medo cos seus relatos, traballados na materia de Lingua Castelá coa profesora Marisa Mallo. As alumnas voluntarias da biblioteca, Ari, Leire e Dafne, colaboraron na ambientación do espazo.
No seguinte vídeo podedes ver algunhas imaxes desta xornada.