Foto biblioteca

Foto biblioteca

28/11/08

Ninguén vai pensar que é certo
e ides flipar en cores
tivemos dous regueifeiros,
son sen dúbida os mellores.


Regueifar é cousa fácil
cando os nosos mestres son
Luisiño o Caruncho
E máis o Pinto de Herbón.



Aí vos vai por despedida
aí vos vai por derradeira
unha clase divertida
de como facer regueifas.

27/11/08

26/11/08

REGUEIFAS NO ILLA DE ONS

O mércores 26 tivemos un obradoiro de regueifas, coa presenza de Pinto de Herbón e Luis o Caruncho. Desde aquí dámosvos as grazas pola vosa creatividade e polo ben que nolo fixestes pasar.

17/11/08

MAGOSTO,MAGOSTO!!!








MAGOSTO,MAGOSTO!!!


Hoxe luns 17 de novembro, estamos de magosto pola tarde.os de 4º da ESO encárganse de asalas e nos de comelas, dámoslle as grazas por adiantado.

Di o refrán que se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
ADIVIÑAS:
ALTO ESTÁ,
BARBAS TEN ,
RI E GUINDA
O QUE CONTEN .

ALTO ESTOU,
COLOR DE OURO TEÑO;
POR UNHA RISADA
PERDO CANTO TEÑO.

NO AIRE SE CRÍA,
NO AIRE SE TEN;
BOTA UNHA RISADA
E PERDE CANTO TEN.

ALGÚNS POEMAS :
CANTA O CUCO CALA E CANTA
NOS CASTIÑEIROS DO VAL.
PASA O TEMPO E NON DI NADA E VOLTA O CUCO A CUCAR.( UXÍO NOVONEYRA)

Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro
con variña de abelaira.

E don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña. (HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE)

- ¿Como te chamas?
- Comecastañas.
- ¿E de apelido ?
caldo cocido.

En Galicia o castiñeiro máis vello está no concello de Manzaneda (Ourense). Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos estendidos, para abrancar todo o seu contorno.

O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva máis vella de Europa.


Variedades de castaña según a súa cor, sabor e tamaño:
Abadá, agrela, branquiña, bicuda, brava, buxeira, cabezuda, chatadesa, galeza, garrida,leinova, lemos, loura, luguesa, mansa, martesa, pagaíña, picón, rañuda, riá, ribeira,verdella, vermella, senra.


Saquei de Galicia Encantada algunhas historias en torno as castañas, istes son algúns exemplos:
Hai a crenza de que quen come castañas crúas, nácenlle piollos na cabeza [Zoñán, Mondoñedo]

As castañas señeiras, señaregas, señoreiras, uñeiras (as que están soas no ourizo) dánselles ás cabras e ás ovellas para que pairan crías femias. Ao tempo que se lles dá díselles: “Toma esta castaña señeira, pasa pola abelleira e traéme unha cordeira branca, ou moura, ou como queiras”. Tamén se lles dan ás cabras para que traian dúas crías, e ás ovellas para curarlles o uñeiro. [Otero, Ribeira de Piquín]

O apalpador
Xesús Taboada Chivite fala de a noite de apalpadoiro referíndose ao costume, di el, de tocar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra.
O investigador José André Lôpez Gonçâlez publicou en AGAL-GZ, Portal Galego da Lingua, no Nadal do ano 2006 un artigo titulado “O Apalpador. Personagem mítico do Natal galego a resgate” onde dá a coñecer unha serie de informacións procedentes de testemuñas das terras luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994.
Neste artigo dise que O Apalpador é un xigante, carboeiro que mora nas devesas, que usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, que se alimenta de bagas e xabaríns.
O día 31 de decembro baixa da montaña e visita os nenos, despois de quedaren durmidos. Entón apálpalles a barriga por ver se están cheos ou se teñen fame.
De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano “ e déixalles unha manchea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas.
Achega tamén José André Lôpez Gonçâlez cantigas recompiladas na mesma zona e que se usan para acalmar os cativos, excitados pola chegada do Apalpador.

11/11/08

...E PASOU UN ANO!

Pois si, pasou un ano desde que comenzamos a camiñar co noso caderno de bitácora da biblioteca .
Pouco a pouco vamos facendo camiño.
Recordamos un dos primeiros vídeos que colgamos no blog , que non está fora de lugar e resulta simpático.