Foto biblioteca

Foto biblioteca

13/02/21

Cabezudas da Idade Media

      Este ano o noso instituto está a participar nun proxecto de Igualdade propoñendo diferentes actividades desde o comezo de curso. Neste trimestre, nos grupos de 1º e 2º, centrámonos no estudo de diferentes figuras femininas que tiveron relevancia na Idade Media.

     Con todo o material traballado elaboraremos unha exposición da que, polo momento, presentamos a algunhas destas extraordinarias mulleres elaboradas con volumes de papel maché polo a alumnado de 1º ESO. Noraboa ao alumnado e ás familias polo traballazo. Que teñades un bo entroido!


08/02/21

Non pare a festa


Achégase o entroido e este ano vai ser un chisco diferente, pero non debemos deixar de celebralo e, para levantar o ánimo e alentar aos nosos espíritus carnavalescos, recomendámosvos escoitar Non pare a festa, unha canción do grupo ‘Os Amigos dos Músicos’. A canción acompaña ao libro infantil do mesmo título e editato por Xerais, que presenta un fermoso percorrido polos diferentes personaxes do entroido galego con letra de Ramón Veiga e ilustracións de David Sierra, no que o ‘boteiro’, a ‘madama’ e o ‘chocalleiro’ xúntanse co ‘boi’, a ‘gárgola’ e a ‘marela’ para festexar o final do inverno e o comezo da primavera.