Foto biblioteca

Foto biblioteca

30/11/20

Novidades na biblioteca

 Boas a todos e todas!

     Estes dous últimos meses a biblioteca ampliou os seus fondos con moitas novidades en material de ficción e información, tanto en galego como en castelán, e especialmente en materia de igualdade e inclusión. Achégate ao noso espazo e solicita á responsable todo aquilo que sexa do teu interese. 

     Velaquí unha mostra dalgúns exemplares de recente adquisición.



27/11/20

Obradoiro de escritura expresiva

    Os días 24 e 26 de novembro tivemos a oportunidade de gozar cun obradoiro de escritura expresiva impartido por Marisé Barreiro nos grupos de 3º e 4º de ESO. 
 

    A finalidade da actividade era saber que a escritura ten outras aplicacións distintas á puramente académica e pode empregarse como medio de comunicación con nós mesmos, para coñecernos mellor.  Durante o obradoiro puidemos practicar unha escritura máis íntima, mergullándonos cara o noso interior...
 
    Aí van algúns poemas colectivos que saíron nos distintos grupos:
 

3º ESO A

O meu avó tiña 16 anos e a miña avoa 13
libre como dí a palabra
soidade
os abandonan
constancia
diversión
esforzo
necesidade
traballou no mar
hai moitas
agardando a chegada.
 

3º ESO B

Os sentimentos son unha tormenta
E eu son o paracaídas
A miña familia é unha cascada
E eu son o lirio que nada á súa beira
Se a vida é o mar , eu eu nado nel
A miña tristeza e un río
Polo que eu navego ata chegar ao final
El fútbol es mi vida
Os meus pais son coma os castiñeiros
Clásico:
As árbores están cheas de montes.
 

4º ESO A

A min gústame durmir
Cando oio a alguén dicir iso, derrúmbome
Sen buscar nada máis
Cando xa era noite
É case a metade da súa vida
Ignorancia e sufrimento
Somos bastantes
Miña nai
 

4º ESO B

Se había caído por las escaleras
si se quiere se puede
todo o mundo ten erros
policía
mar
distancia
monte
tan hermoso

24/11/20

Actividades 25 N

    O equipo do proxecto IGUÁLA-T, do que esta biblioteca forma parte, leva planificando desde o comezo de curso actividades que favorezan boas prácticas no campo da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

    Para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia Contra as Mulleres, decidimos seleccionar dous libros de poemas sobre os que traballar: Amor se escribe sin sangre I e II e Sulagar o soño, este último da nosa compañeira Montse Villar. Algunhas autoras dos poemas colaboraron co noso centro elaborando vídeos recitándoos e están sendo proxectados e comentados cada día durante a "hora de ler" en todos os niveis educativos. Por outra banda, a semana pasada gravamos un vídeo no propio centro baseado no poema Ensináronme, de Montse Villar, que será proxectado mañá.


     Ademais, traballarase nas titorías o tema das relacións tóxicas na adolescencia, analizando distintas condutas de rapaces e rapazas ante situacións que, por desgraza, están a ser bastante habituais.

08/11/20

Obradoiro de poesía con Raúl Vacas

       O pasado luns visitou o noso centro Raúl Vacas, poeta e escritor salmantino, autor do libro Niños raros que este trimestre está a ler o alumnado de 1º ESO. Raúl chegou cunha peculiar maleta da que saíron obxectos sorprendentes, creadores de poesía e xeradores de felicidade para quenes escoitabamos a este mago das palabras.

NIÑOS RAROS | RAUL VACAS POLO | Comprar libro 9788467586176

    Niña de espuma, Niño frío, Niña de humo ou Niño koala, son algúns exemplos dos cativos que o autor presenta neste libro con todas as súas peculiaridades e dunha maneira moi poética, xogando coas palabras, rimando con números e despregando unha serie de recursos nos versos que, coas ilustracións que os acompañan, recrean un marabilloso mundo máxico e extravagante. 

    O seguinte vídeo recolle imaxes dos obradoiros impartidos no noso centro por Raúl Vacas nos grupos de 1º e 2º ESO. A canción Niña búho é da artista Chloé Bird, que puxo música aos poemas deste libro no disco Un mundo de niños raros.


    Moitísimas grazas por esta experiencia!