Foto biblioteca

Foto biblioteca

25/05/10

Conta Saldada

Titulo:Conta Saldada
Autor:Suso de toro
Editorial:Alfaguara

Gústoume xa que conta unha historia nun espazo próximo e real.Tamén é un libro interesante e intrigante.

Pablo Díaz Meijide 4º Nº3

21/05/10

Aire Negro

Titulo: Aire Negro
Autor: Agustín Fernandez Paz
Editorial: Xerais

É un dos mellores libros que lin. Atrápate dende o primeiro momento e deixate cun final dubidoso para quen sepa entendelo.

Irene Cabanelas Meira 3ºA Nº2

20/05/10

Os comedores de patacas


Título: Os comedores de patacas
Autor: Manuel Rivas
Editorial: Xerais

Este libro é moi interesante e recoméndoo porque aínda que o título dea a entender outra cousa, este libro trata sobre un rapaz adicto as drogas, que o levan a casa da avoa para que se desenganche.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Balea morta ou lancha a pique!


Título: Balea morta ou lancha a pique!
Autor: Jaureguizar
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Esta novela é a continuación de A rutina corsaria e segue no mesmo estilo. Gustoume moito pero pasa o mesmo que na outra novela

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

A rutina corsaria


Título: A rutina corsaria
Autor: Jaureguizar
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Esta novela conta a historia dun home obsesionado cos piratas. É moi interesante, pero se intentas buscarlle a lóxica ás aventuras que ten, non darás acabado o libro.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

Eu e os meus colegas



Título: Eu e os meus colegas
Autor:Aidan Macfarlane e Ann McPherson
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

É un libro que trata temas bastante importantes como o alcohol, o sexo, a sida, as drogas, etc. Está bastante ben pero é extraño que conte a mesma historia con cinco personaxes diferentes.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

12/05/10

O que é a vida


Título: O que é a vida
Autor: M. Lourenzo González
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro encantoume porque conta dúas historias moi interesantes que ocorren paralelamente, e que se cruzan no final.

Celestino Durán Pouseu 4º Nº5

A conta saldada



Título: A conta saldada
Autor: Suso de Toro
Editorial: Alfaguara

É un bo libro, aínda que custa un pouco seguir a trama ao comezo. É fácil de ler e lese moi rápido.

Celestio Durán Pouseu 4º Nº5

FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

COUSA BONITA, PARA VISITAR, GOZAR, VIVIR, SENTIR COMPARTIR E RIR COA FAMILIA OU AMIG@S.
PARA MÁIS INFORMACIÓN http://www.festivaltiteresredondela.com/ruas.htm

Do 19 ao 23 de maio de 2010


RELACIÓN COMPAÑÍAS PARTICIPANTES

* CONTADORES DE ÉSTORIAS (Brasil)
* GIROVAGO E RONDELLA (Italia)
* EL RETRETE DE DORIAN GRAY (Galicia-Cataluña)
* TAAAT (Cataluña)
* PELELE MARIONNETTES (Francia)
* LA BALDUFA (Cataluña)
* RODORÍN (Madrid)
* VALERIA GUGLIETTI (Arxentina)
* COMPAGNIE JATOBA (Brasil)
* TOMBS CREATIUS (Cataluña)
* MARIONETAS EN LIBERTAD (Francia)
* PLANSJET POPPENTHEATER (Bélxica)
* THE TURRE’S BAND (Galicia)
* BONECA LARETA (Galicia)
* OS CROQUETAS (Galicia)
* C’E ORQUESTRA PANTASMA (Galicia)

11/05/10

17 de Maio.Recitando Poemas

Feito polo equipo de Normalización Lingüística do CEIP Quintela de Moaña.