O mércores 29 de marzo recibiremos no noso centro ao escritor de literatura infantil e xuvenil Fernando Lalana. O alumnado de 3º ESO que forma parte do Club de Lectura Ons, a Illa do Tesouro, estivo a ler durante este mes a obra La Tuneladora, e será o encargado de entrevistar a Lalana, que fará unha exposición do seu traballo.
Foto biblioteca
![Foto biblioteca](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgPyC5gom4r6XOAkvEejg1KFgvXuJzsKp8IBy-LQe8vbcyo9BVUiqFmrbsQKIktXBlOg3hhenDYA94cpMDegL1dN8h3YvUwLubS6wAZJr4SiMfUQSZzo7NfCKOcjIXWr0GRGa7QF10DgWg/s1020/biblio.jpg)
27/03/17
25/03/17
SarabelaTeatro e Salón do Libro
O pasado venres, unha parte do alumnado do IES Illa de Ons desprazouse ata Pontevedra para ver a obra "Normas para saber vivir na sociedade actual", de Sarabela Teatro, e o VIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo desta xornada:
22/03/17
XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
O venres 24 de marzo visitaremos, cos
alumnos e alumnas de 1º ESO e o alumnado de 4º ESO matriculado na
materia de Artes Escénicas, o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de
Pontevedra, que este ano leva por lema "O mundo que queremos". A
organización do Salón quixo tratar este ano temas como o coidado
do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade. Todas esas
accións que podemos levar a cabo a diario, aportando o mellor de nós
mesmos e dos nosos coñecementos na medida que formamos parte da
sociedade na que vivimos, son as que busca "O mundo que queremos".
Aproveitando esta saída, e no mesmo Pazo da Cultura de Pontevedra, veremos a obra de teatro "Normas para saber vivir na sociedade actual" de Sarabela Teatro.
21/03/17
Son de poetas
Hoxe, Día da Poesía, deixámosvos unha ligazón ao blog Son de poetas, unha Antoloxía da poesía galega musicada elaborada polo Departamento de Lingua galega e Literatura e o Equipo de
Normalización do IES David Buján de Cambre, A Coruña.
Poemas de Curros, Pondal, Rosalía, Celso Emilio, Lorca, Ana Romaní, Lois Pereiro, Manuel María ou Neira Vilas entre outros, son interpretados por músicos como Berrogüetto, Carlos Núñez, Nao, Cristina Pato, Milladoiro...
07/03/17
Muller e Poesía
Co fin de celebrar dous días de grande importancia deste mes: o Día da Muller (8 de marzo) e o Día da Poesía (21 de marzo), a Biblioteca do IES Illa de Ons en colaboración co Departamento de Música gravou na xornada de hoxe un vídeo poema. A obra escollida nesta ocasión para ser recitada foi Días, incluída no libro Pel de muller, da escritora buenense Asun Estévez.
Ana Vilas, María Simone, Antía Piñeiro, Aarón Fandiño, Paula Pena,
Rebeca Fernández, Mila Estévez e Malena Ogando, acompañadas por Teté á
guitarra, fixeron unha lectura compartida do poema. Colaboraron tamén na gravación as alumnas Lara Parada e María Villanueva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)