Foto biblioteca

Foto biblioteca

20/12/12

GUÍAS DE LECTURA

Unhas festas de nadal cheas de lecturas.
GUÍAS DE LECTURA PARA E.S.O /BACHARELATO

11/12/12

Camisetas para lembrar a Celso Emilio na defensa da nosa lingua

O mércores 12 do 12 de 2012 na hora do recreo e no espazo da biblioteca  terá lugar o recitado do poema de Celso Emilio "Deitado frente ao mar",coa participación de alumnos, profesores e persoal non docente.


30/11/12

Mércores 12 do 12 de 2012.Recitando a Celso Emilio

 o mércores 12 de decembro acto na biblioteca, recitando o poema" Deitado frente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro.Organizado polo equipo de biblioteca e o equipo de dinamización do uso do galego.
   RecitandoCelsoemiliO
      
      Deitado frente ao mar


Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

08/11/12

LECTURA DE MICRORELATOS

o xoves día 8 realizamos na biblioteca unha sesión de microrelatos, algúns de autores coñecidos e outros de creación propia.A participación foi numerosa, polo que terá continuidade o venres día 9.Noraboa a tod@s os participantes.

05/11/12

SESIÓN DE MICRORELATOS

O próximo xoves  na biblioteca terán lugar unhas lecturas de microrelatos escollidos polos alumnos dos diversos cursos.
Irán acompañados de música ,podendo ser relatos de terror, cómicos, absurdos, de ficción,reais,etc...
Esperamos a vosa asistencia e participación.

28/09/12

Presentación da biografía de Bernardino Graña


O xoves 27 no café libraría Rinoceronte en Cangas, tivo lugar a presentación da biografía de Bernardino Graña, coa presenza do autor, Héitor Mera.
O autor firmou o libro que adquiriu  a biblioteca  do instituto .

 

O sábado 29 terá lugar  ás 8 da tarde unha homenaxe ao tradutor Henrique Harguindey no café- libraría Rinoceronte de Cangas.
Interveñen Francisco Pillado e Salvador castro.
Haberá unha actuación poética-musical a cargo de Juan Carballo e Ramón Núñez.

09/06/12

Presentación libro ons ondas

O próximo mércores día 13 de xuño ás 21h no museo Massó de Bueu terá lugar a prresentación do libro "ONS ONDAS", libro composto por historias recollidas por alumn@s do IES ILLA de ONS,relativas ao mundo do mar, a pesca,a illa de ONS,a navegación.


<<Adán,como os antigos,sabe quen é,venera os seus antepasados,ama a súa illa,o su traballo e o seu mar.

Adán é doutro tempo, do tempo no que valía a palabra dun home, do tempo en que a comunidade sentía.Adán é do tempo en que as persoas cantaban ao traballo.

Se ben se mira, estas catorce historias puideron ser contadas por Homero.A fin de contas Ulises era un navegante que adoecía por voltar a súa illa, que era tan pobre que “só é boa para as cabras”.A cousa non estaba entón no diñeiro nin na riqueza.Era outro o motivo de voltar.

Unha comunidade sostendo a pulso un barco desde terra con cabos durante toda unha noite é un relato épico.Máis para Adán iso forma parte do normal.Todo depende de como se mire.Eu mireino desde fóra e estou abraiado.

Nas historias que ambienta na Illa as persoas son personaxes dunha obra e o mar envólveas nunha maré de soño .

Ás veces o propio Adán paréceme un persoaxe, unha parte dun soño dun neno, a inocencia do libro da Xénese encarnada no primeiro home.

Grazas, Adán.>>

Escrito de Xoán Xosé Rodríguez Rivas no libro ONS ,ONDAS















21/05/12

Xa temos gañadora do concurso de marcapáxinas.


A gañadora do concurso de marcapáxinas foi Belén Otero González, de 1º B co debuxo e lema
da imaxe anterior. Noraboa!!!

25/04/12

CONCURSO MARCAPÁXINAS

A biblioteca convoca un concurso de marcapáxinas, con data de  entrega o 27 de abril .
Entregaranse dous premios un  para 1º e 2º da ESO e outro para 3º e 4º da ESO que consistirán na publicación polo IES dos marcapáxinas premiados e unha dotación de 20 euros en libros.
A entrega dos premios será o 30 de abril na biblioteca.

PARTICIPA!!!

17/02/12

Concurso historias e contos de amor

Premiadas no 1º ciclo



1º Premio : Alexandra Iglesias 2º A " Admirador secreto"



2º Premio : Susana López 2º B " Amores indestructibles"



Premiadas no 2º ciclo



1º Premio :Sara Menduíña 3º A "Carta ás augas cálidas do Polo Norte"



2º Premio : Aida Queimaño 4º A " Un clavo quita otro clavo"




Fragmento do relato de Sara Menduíña :




"Outra calada. Estamos na cama do que antes era o noso piso. Ti estás espida e cos cabelos completamente alborotados e só a saba branca cobre o teu corpo. Tes un sorriso, estás feliz. Abres os ollos. Volvo a ver ese marrón cálido neles. Desapareces.



Outra calada. Topámonos nunha rúa solitaria. Está chovendo pero non levamos paraugas. Tes o cabelo completamente mollado e a camiseta pegada ao corpo tamén moi mollada. Chámote porque non paras de bailar, pareces unha nena pequena, dígoche que temos que volver a casa. E ti acercaste e disme que non podemos desperdiciar a chuvia. Eu non entendo o que dis, pero estás tan fermosa. Bícasme. Sabe a…Desapareces.



Outra calada. Estou ebrio. Ti estás falando nun ton algo elevado, pero non te escoito. Non paras de chorar. Sinto a necesidade de dicirche que non quero verte chorar pero en lugar diso soltoche que es unha chorona e que necesito o meu espazo. Acóstome no sofá e escoito como colles as chaves e cerras a porta. Desapareces.



Outra calada. Chego a casa despois dunha intensa xornada de traballo. Entro e voceo meu amor xa estou aquí, boteite de menos. Non respondes. Entro na cociña esperando encontrarme cos teus ollos ardendo de ganas de bicarme en no lugar diso encontro un post-it no que anuncias a túa marcha para non volver. Caio no chan. Desapareces.



As bágoas comezan a escorregar polo meu rostro. Fan carreiras a ver cal é a primeira en coarse na miña boca. Tiro o cigarro. Non podo seguir fumando o acabarei afogando nas miñas propias augas.



Consulto o reloxo. Son xa as doce da noite. Métome na cama. As sabas inda conservan o teu olor. Se estiveras aquí agora chamaríasme sucio, estou seguro. Hai sete días que non lavo as sabas. Tamén hai sete días que non durmo por culpa delas. Hai sete días que durmo no chan con elas ao meu carón coma un neno pequeno.



Escoito os coches acelerar. As Cinsentas de saldo e esquina a facer o seu traballo. Os xóvenes alocados beber coma se non existise mañá. As nais sentadas no sofá cun flexo acenso esperando preocupadas polos seus fillos. Os estudantes cos nervios a flor de pel preocupándose porque o reloxo xa marca as doce. Os bicos dos namorados baixo as estrelas. Escoito vida. E eu aquí tirado no chan, respirando o teu olor, máis morto ca vivo."

15/02/12

Xoves 16. Contos e historias de amor





O xoves 16 na biblioteca entregaranse os premios do concurso de relatos de amor.



14/02/12

Recital poético






A biblioteca do centro programou todo o mes de xaneiro e febreiro unha serie de actividades que teñen como eixo o amor, os sentimentos e as emocións.
O martes 14 de febreiro celebrouse un recital poético de diversos autores ,e mostramos algúns intres do recital que resultou moi bonito.







13/02/12

Novos espazos de lectura



Iste curso 2011/12 crearemos dous novos espazos da biblioteca dentro do centro.
O primeiro deles xa está en uso no primeiro piso ,tendo boa aceptación entre a comunidade docente.Nos próximos días colocaremos o 2º espazo na planta baixa.
Esperamos que todos disfrutemos das novas melloras da biblioteca.