Como saberedes o Plan Lectordo IES Illa de Ons encontra entre as súas prioridades non só que o alumnado adquira unha axeitada competencia lingüística (isto é: que saiban ler correctamente), senón tamén unha motivación e un gusto polo feito de ler. Neste sentido tomouse o acordo de dedicar algún tempo en todas as materias a unha actividade diaria de lectura individual. Esta actividade comezará a partir do día 19 de outubro e para a súa realización empregarase todo tipo de textos, de xeito que poda haber alumnas e alumnos que opten por ler unha novela, unha revista (cun contido axeitado), un xornal, etc.
Os alumnos e alumnas poderán empregar libros, xornais e revistas da biblioteca do IES ou ben traeren as súas propias lecturas da casa, sempre baixo a supervisión indicada.
Con esta carta pretendemos comunicarvos o noso interese polo éxito desta actividade, para o cal é importante a vosa colaboración facilitando aqueles materiais de lectura que resulten interesantes.
PREZADOS PAIS E NAIS: "Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura". Esta semana poñeremos en marcha a actividade das Mochilas Viaxeiras. A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia:un conto ,un libro de poemas , as imaxes dun álbum , esa música que nos conmove, unha película, un libro que complementa o tema que andamos a traballar no I.E.S A súa finalidade: A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura. A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores .
Trátase dunhas mochilas nas que recibiredes unha selección de lecturas e música feitas polo equipo de biblioteca e da que poderedes disfrutar en préstamo durante 15 días. Son en total 4 mochilas, unha para cada nivel. O noso obxectivo é compartir con vós o gusto pola lectura, presentándovos algúns títulos que esperamos vos agraden. A mochila que recibiredes conterá tamén no peto dianteiro unha ficha coa lista dos libros prestados e as datas de entrega. Haberá un pequeno caderno onde poderedes anotar algún comentario sobre esta experiencia: se vos gustaron os libros, se vos parecen suficientes, se houbo algún que vos gustou en particular e por que, se a actividade é interesante, e todo aquilo que pensedes que se pode mellorar.
Nove destacados investigadores, vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), dan un paso adiante para rebater prexuízos lingüísticos.
Somos un conxunto de físicos e enxeñeiros galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, a día de hoxe uns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo. Desde a distancia, levamos meses asistindo ao debate que se está a xerar sobre a posición que debe ocupar a lingua galega no noso sistema educativo. Esta cuestión está a provocar unha confrontación continua de posturas e opinións que se estende a distintos ámbitos da nosa sociedade. Se ben consideramos este debate lexítimo tamén coidamos que as posturas deben ser mantidas e defendidas desde a máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas. E vémonos na obriga de intervir cando determinados argumentos que non seguen esta máxima aparecen por parte de persoas cunha opinión que non se restrinxe ao ámbito privado.
En declaracións ao “Faro de Vigo”, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (Congapa), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”. Ben, for desde a ignorancia, for intencionadamente, declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e desde logo se algunha lle discutíu no pasado tal condición esa non foi o castelán.
O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa.
No CERN en Xenebra, a 26 de Maio de 2009,
Xabier Cid Vidal, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb. Patricia Conde Muíño, Doutora en Física de Partículas, Investigadora do LIP (Laboratório de Física e Instrumentação de Física de Partículas) - Lisboa (Portugal), experimento Atlas. Daniel Esperante Pereira, Enxeñeiro de Telecomunicacións e estudante de Doutoramento na USC, experimento LHCb. Teresa Fonseca Martín, Doutora en Física de Partículas, investigadora asociada da Royal Holloway University - Londres (Reino Unido), experimento Atlas. Abraham Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, investigador Ramón y Cajal na USC, experimento LHCb. Manuel Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, antigo staff do CERN no departamento de Física Experimental. Marcos Mariño Beiras, Doutor en Física de Partículas, Catedratico de Física Matemática na Universidade de Xenebra (Suíza). Diego Martínez Santos, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb. Cibrán Santamarina Ríos, Doutor en Física de Partículas, investigador asociado na McGill University - Montreal (Canadá), experimento Atlas.
Non hai mellor ocasión para conmemorar o día do libro, que traer a un escritor-ilustrador coma Anxo Fariña, para falarnos dos seus proxectos, ideas, e forma de traballar. GRAZAS,ANXO.
O xoves 2 de abril, o profesor de Educación Física Toño levou os alumnos/as de 4º da ESO a facer escalada en Donón contando coa valiosa axuda de Susana. Aproveitamos para visitar as escavacións do castro do Facho. Tivemos a compañía dos lagartos arnais e dun grupo de arroaces que se achegaron a costa.
O venres 27 de febreiro 5 rapaces e rapazas do IES illa de Ons que forman parte do taller de oralidade, estiveron no CEIP a Pedra de Bueu,onde lle contaron os nenos/as de 1º de primaria catro contos. " A TOUPIÑA", contado polas rapazas de 4º da ESO, Yolanda e Seila. " GAROTO EN BUSCA DUNHA ESTRELA" que o contaron Iria e María de 2º da ESO. " AMORA" e " GÚSTAME O CHOCOLATE" que o contou Miguel Ángel de 2º da ESO. Desde aquí dámoslle as grazas ,pola súa actitude e traballo desinteresado a prol da lectura, e desexamos que continúen facendo actividades tan gratificantes e interesantes en torno ós libros.
Ola a tod@s aquí tedes unha mostra da nosa saída do 26 de xaneiro de 2009 ao teatro ver LA CRÈME DE LA CRÈME. Cos alumnos de primeiro, segundo e cuarto da ESO.
Libros que estamos a ler en Lingua Francesa: Para 1º da ESO " CONCERT EN BRTAGNE Para 2º da ESO "AU SECOURS!" Para 4º da ESO " LE COEUR ENTRE LES DENTS"
26/01/09
2009, ANO INTERNACIONAL DA APRENDIZAXE DOS DEREITOS HUMANOS
(NACIÓNS UNIDAS)
Asamblea General. Resolución AG-60 Aniversario Comunicado da Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Navi Pillay, con ocasión do 60° Aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos. OACDH|09 Dic 2008
XENEBRA -- O 10 de decembro celébrase o do 60° Aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos, un breve e único documento de 30 artigos que probablemente tivo un maior efecto na humanidade que calquera outro documento na historia moderna.
Inmediatamente despois do fin da Segunda Guerra Mundial, os políticos, diplomáticos, xornalistas, activistas, pensadores mundiais e, sobre todo, a poboación xeral, desexaban previr que unha guerra tal volvese suceder, o que significaba atacar, tanto as súas causas, como as súas consecuencias. Puxeron o seu empeño en asegurarse de que nunca máis houbese outro Holocausto, e que todas as persoas, especialmente as pobres, as famentas, as desprazadas e as marginalizadas, tivesen no futuro estruturas para apoialas e marcos legais internacionais para protexelas.
Moitos dos tratados legais e das institucións internacionais máis admirables do mundo, incluíndo ás Nacións Unidas, remítense a este periodo fértil de fins dos anos 40, pero a Declaración Universal ten nel un lugar verdaderamente especial.
Por primeira vez, recoñeceuse a todos os dereitos humanos, civís, culturais, económicos, políticos e sociais como pertencentes en forma inherente a todas as persoas, e non como dons conferidos magnánimamente, ou negados, dependendo do designio, a sorte ou o capricho dos réximes gobernantes.
O seu enfoque visionario, aínda que tamén completamente fundamental, está mellor ilustrado nas súas propias palabras: "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos” “Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa” “Todos son iguais ante a lei". Despois presenta unha lista de dereitos específicos, que van do dereito a non ser torturado, esclavizado, ou detido arbitrariamente, pasando polo dereito á liberdade de opinión, de expresión e de relixión, e incluíndo unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais clave, tales como o dereito á educación, o dereito á saúde e o dereito a igual salario por traballo igual.
Todas as persoas, enuncia a Declaración, teñen estes dereitos "sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole".
Hoxe en día, os principios establecidos na Declaración vense reflectidos nas Constitucións e leis de máis de 90 países. Mecanismos internacionais, rexionais e nacionais específicos, incluíndo á Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos e o Consello de Dereitos Humanos, cos seus expertos independentes, foron establecidos para monitorear, promover, protexer e continuar desenvolvendo os dereitos humanos.
En todo o mundo, un número crecente de xornalistas, organizacións non gobernamentais e outros entes da sociedade civil, exercen maior e máis efectiva vixilancia sobre a adopción dos dereitos humanos, por parte dos seus gobernos. A chegada do Internet implica que aqueles que queiran abusar dos seus cidadáns a portas pechadas, atópanse con que lles é moito máis difícil facelo, e aqueles que desexan expoñer devanditos abusos, poden facelo con maior facilidade.
Con todo, para moitas persoas, a Declaración Universal segue sendo unha promesa incumplida, xa que o desexo político dos estados de cumprir coas súas obrigacións mantense lamentablemente detrás das súas promesas.
Existe o risco específico de que, conforme se desenvolve a crise financeira actual, os individuos e as comunidades máis pobres e máis marginalizadas do mundo, poderían enfrontar unha situación aínda máis grave que a que viven actualmente. A pobreza é tanto causa como resultado de violacións aos dereitos humanos, e teremos que ser extremadamente vixiantes durante os próximos meses para asegurar que programas de desenvolvemento e redes de seguridade social mantéñanse ou melloren, para que os efectos da crise non resulten desastrosos.
Malia todos os temores e as incertezas actuais, séntome estimulada pola gran atención que a celebración de todo un ano do 60° Aniversario, xerou sobre o tema dos dereitos humanos. En todo o mundo, organizacións voluntarias, institucións, docentes, estudantes, juristas, personalidades políticas e os medios de comunicación hanse enfocado na Declaración Universal e na continuidade da súa relevancia no mundo actual. Con todo, non podemos deternos aquí. Aínda estamos, a 60 anos, moi lonxe de alcanzar os obxectivos suscitados na Declaración Universal. Ningún país do mundo pode deterse e dicir "lográmolo".
Dez millóns de persoas no mundo aínda non saben que teñen dereitos que poden esixir, e que os seus gobernos son responsables ante eles e ante un amplo conxunto de leis nacionais e internacionais. Malia todos os nosos esforzos nos últimos 60 anos, este aniversario pasará desapercibido para moitas persoas, e é esencial que manteñamos este impulso, facilitando así que máis e máis persoas levántense e esixan os seus dereitos.
Por esta razón, compráceme que o ano que entra sexa designado Ano Internacional de Aprendizaxe de Dereitos Humanos, e quixese alentar a ministerios, institucións, docentes, pais e outras persoas con responsabilidade en todo o planeta, a aproveitar esta oportunidade para asegurar que a próxima xeración teña maior oportunidade de esixir o que lle foi prometido nese documento extraordinario coñecido como a Declaración Universal de Dereitos Humanos.
Este libro gustoume moito, é moi entretenido.A historia que máis me gustou foi a da viaxe de Liliput cando Gulliver está na cidade dos liliputienses, que eran uns humanos que median coma un dedo. CINTIA PEQUEÑO OTERO 4º B (18/12/2008)
O libro gustoume porque tivo un remate da historia extravagante e bastanta inusual.Ó final foi o que máis me gustou do libro. Nerea Rosas Regueira 4º A (18/ 12/2008)
Gustoume porque trata dunha aventura que sucede hai millóns de anos e aínda así había naves espaciais.
Editorial:Edicións Positivas Traducción de Manuel Cortés AUTORES/AS: LE FANU,NATHANIEL HAWTHORNE,GUY DE MAUPASSANT,WASHINTON IRWING
Contos fantásticosGustoume bastante. Son catro pequenas historias doadas de entender e simples.O vocabulario non é complicado e é entretido. Rebeca Agulla Peixoto(12/12/2008)
Autor/a: SILVESTRE GÓMEZ XURXO EDITORIAL : EDICIÓNS XERAIS COLECCIÓN : FORA DE XOGO
Minia está preocupada porque non sabe o que lle pasa a súa nai. As idas e voltas constantes ao médico co seu pai, as súas apertas máis emocionadas ca de costume ou os seus ollos apagados convéncena de que algo grave lle está sucedendo. As conversas que Minia, xa na altura dos quince anos, mantén con Churbi, o seu peluche, axúdana a reflexionar e a comprender que mesmo diante dos problemas máis difíciles e dolorosos cómpre encarar a vida con serenidade, confianza e esperanza. “Todo vai ir ben”, terceira novela xuvenil de Silvestre Gómez Xurxo, aborda con delicadeza e profundidade humana o tema do cancro, dende a experiencia dunha adolescente que está abrindo os seus ollos á vida e se ve obrigada a compartir o sufrimento e a loita contra a enfermidade grave da súa nai. Novela realista, artellada no xogo de dúas voces narrativas, proporciona unha visión informada e de lectura emocionante sobre algúns dos problemas aos que inevitablemente se enfrontan moitos seres humanos.
É un libro moi bo, que che amosa as reflexións que ten unha rapaza de quince ante a situación que lle tocou vivir.. Podes atopar novas respostas a preguntas que te fixeches.
Yolanda Entenza Rúa (12/12/08)
28/11/08
Ninguén vai pensar que é certo e ides flipar en cores tivemos dous regueifeiros, son sen dúbida os mellores.
Regueifar é cousa fácil cando os nosos mestres son Luisiño o Caruncho E máis o Pinto de Herbón.
Aí vos vai por despedida aí vos vai por derradeira unha clase divertida de como facer regueifas.
O mércores 26 tivemos un obradoiro de regueifas, coa presenza de Pinto de Herbón e Luis o Caruncho. Desde aquí dámosvos as grazas pola vosa creatividade e polo ben que nolo fixestes pasar.
Hoxe luns 17 de novembro, estamos de magosto pola tarde.os de 4º da ESO encárganse de asalas e nos de comelas, dámoslle as grazas por adiantado.
Di o refrán que se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados. ADIVIÑAS: ALTO ESTÁ, BARBAS TEN , RI E GUINDA O QUE CONTEN .
ALTO ESTOU, COLOR DE OURO TEÑO; POR UNHA RISADA PERDO CANTO TEÑO.
NO AIRE SE CRÍA, NO AIRE SE TEN; BOTA UNHA RISADA E PERDE CANTO TEN.
ALGÚNS POEMAS : CANTA O CUCO CALA E CANTA NOS CASTIÑEIROS DO VAL. PASA O TEMPO E NON DI NADA E VOLTA O CUCO A CUCAR.( UXÍO NOVONEYRA)
Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro con variña de abelaira.
E don Ourizo da chaira, como non se ten coa risa, cáenlle dentes de castaña. (HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE)
- ¿Como te chamas? - Comecastañas.
- ¿E de apelido ? caldo cocido.
En Galicia o castiñeiro máis vello está no concello de Manzaneda (Ourense). Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos estendidos, para abrancar todo o seu contorno. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva máis vella de Europa.
Variedades de castaña según a súa cor, sabor e tamaño:
Saquei de Galicia Encantada algunhas historias en torno as castañas, istes son algúns exemplos: Hai a crenza de que quen come castañas crúas, nácenlle piollos na cabeza [Zoñán, Mondoñedo]
As castañas señeiras, señaregas, señoreiras, uñeiras (as que están soas no ourizo) dánselles ás cabras e ás ovellas para que pairan crías femias. Ao tempo que se lles dá díselles: “Toma esta castaña señeira, pasa pola abelleira e traéme unha cordeira branca, ou moura, ou como queiras”. Tamén se lles dan ás cabras para que traian dúas crías, e ás ovellas para curarlles o uñeiro. [Otero, Ribeira de Piquín]
O apalpador Xesús Taboada Chivite fala de a noite de apalpadoiro referíndose ao costume, di el, de tocar o ventre das persoas na noite de fin de ano por ver se comeron ou non para todo o ano que entra. O investigador José André Lôpez Gonçâlez publicou en AGAL-GZ, Portal Galego da Lingua, no Nadal do ano 2006 un artigo titulado “O Apalpador. Personagem mítico do Natal galego a resgate” onde dá a coñecer unha serie de informacións procedentes de testemuñas das terras luguesas de Loúzara, O Courel e O Cebreiro recompiladas xa en 1994. Neste artigo dise que O Apalpador é un xigante, carboeiro que mora nas devesas, que usa boina, casaco esfarrapado e remendado, fuma en pipa, que se alimenta de bagas e xabaríns. O día 31 de decembro baixa da montaña e visita os nenos, despois de quedaren durmidos. Entón apálpalles a barriga por ver se están cheos ou se teñen fame. De teren a barriga chea, di: “Así, así esteas todo o ano “ e déixalles unha manchea de castañas. De ver que teñen a barriga baleira, non di nada, mais tamén deixa unha presada de castañas. Achega tamén José André Lôpez Gonçâlez cantigas recompiladas na mesma zona e que se usan para acalmar os cativos, excitados pola chegada do Apalpador.
Pois si, pasou un ano desde que comenzamos a camiñar co noso caderno de bitácora da biblioteca . Pouco a pouco vamos facendo camiño. Recordamos un dos primeiros vídeos que colgamos no blog , que non está fora de lugar e resulta simpático.