Foto biblioteca

Foto biblioteca

10/04/11

Contacontos para os máis cativos.

Tres contos: "O coelliño branco", "A casa da mosca chosca", e "Os tres bandidos"·
Foron os que lle contaron sete alumn@s do IES ILLA de ONS aos Nen@os de infantil de 5 anos do CEIP "A PEDRA".
Seica todos quedaron encantados. Volveremos ao final do 3º trimestre coa maxia dos contos para os máis cativos.

27/03/11

CONTANDO HISTORIAS AOS MÁIS CATIVOS

O venres 25 oito alumnas do "Illa de Ons", foron a contarlles contos aos nen@s de infantil do CEIP A Pedra.
O primeiro conto foi"Como está o galiñeiro" , e foi Iria de 4º B a narradora da historia.
A continuación foron Alba Lobeira,Katia Santomé e Alexandra
Iglesias as que contaron a historia da "Ratiña presumida".
Outro dos contos foi "A Toupiña", con Tania García e Mª.Tenorio coma protagonistas.E para rematar Mª.Mercedes Pretel e Angela Villanueva contaron a historia de "Xaime e as landras"

11/03/11

DECLARACIÓN DE AMOR

O AMOR chegou ao Illa de Ons en forma de carta, onde as rapazas e os rapaces expresaron a intimidade dos seus sentimentos, e de declaracións que lle dedicaron aos amores, reais ou imaxinarios.
O AMOR foi o eixo que moveu o concurso de expresión escrita máis participativo do ano. Moreas de textos orixinais e creativos, merecedores de premios, dos que só 3 persoas de cada categoría foron as gañadoras dos regalos: Aida Queimaño e Aida Carballo de 3º B e Sara Menduíña de 2º B na categoría de cartas de amor. Verónica Chapela de 1ºA, Ángela Villanueva de 1ºB e Laura Rial de 1ºA na categoría de declaracións de amor. PARABÉEENS.








08/02/11

EN 3º DA ESO ESTAMOS LENDO...




Para Wendy esta é unha noite importante, cumpre 23 anos e unha pitonisa vaticinara que sería o seu último aniversario. A noite preséntase densa: ten problemas con Roger, o seu mozo, un roubo con asasinato por descubrir e un prognóstico que romper, pero sobre todo, para Wendy, esta vai ser a noite na que comece a voar (sen ás).

01/02/11

FALAMOS DE RINOCERONTE.

Falamos de RINOCERONTE, unha editorial con sede en Cangas do Morrazo,especializada na tradución de libros doutras linguas, coma o Finés, o xaponés,etc.

28/11/10

CULTURGAL



















O culturgal pechou este domingo as súas portas en Pontevedra, a idea é a da continuidade nos anos vindeiros. “Despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá Culturgal 2011”, asegurou Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal. Os representantes de Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), a Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), a asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e o propio Xulio Amigo salientaron a importancia do éxito desta edición, a primeira organizada directamente pola industria, para o asentamento definitivo da feira.

http://www.culturgal.com/

23/11/10

CONTACONTOS . CHARO PITA E TIM BOWLEY

O luns 22 tivemos no centro unha sesión de contacontos moi interesante.

18/11/10

Tropa de trapo

O luns 15 de novembro viñeron ao colexio uns contacontos chamados Tropa de Trapo . Ao principio pensaba que non me ian gustar pero a verdade e que estivo moi ven. Contaronos gran variedade de contos. Despois Brais un dos contacontos ensinounos os instrumentos que trouxera:
Trouxo unha guitarra portuguesa , que tiña unha forma moi peculiar, unha especie de timbal de metal e plástico, pero atiguamente eran de ferro e pel de cabra.
Ao final fixemos un obradoiro no que estivemos xogando a unha gran variedade de xogos, paseino
moi ben.

Alba Lobeira Soage 1º A.

16/11/10

Contacontos TROPA de TRAPO

Este luns tivemos contacontos,unha actividade moi divertida.Contáronnos tres contos,dous de eles con música en directo.A min os contos que máis me gustaron foron o de Leila e o de Ramón.O de Leila,pola súa valentía e o valor que tivo ao ir buscar a Salim á guerra.O de Ramón,porque rímos muito con el,polas cousas que se imaxinaba das historias que lle contaba o seu pai,a súa cámara de fotos,a cantidade de fotos que lle sacaba a Sabela,etc.
Gustaríame que se volvese repetir¡
María Tenorio Solla 1ºB

09/11/10

08/11/10

TRABALLANDO A ORALIDADE...















O venres día 5, dúas alumnas do noso instituto, IRIA PIEDRAS e PATRICIA COMEDEIRO foron ao centro de infantil do CEIP "A PEDRA" a contarlles aos neno@s de 5 anos 3 contos.
O 1º libro que contaron foi : QUE TAL, VEXETAL?

O SEGUINTE CONTO FOI Rato Tom e Rata Tomasa

Un día rata Tomasa mandoulle a Tom unha invitación.

Invitote a biscoito hoxe as oito.


E o último conto que lle contaron foi a
Colección de Galletas
.
Galletas da avoa, linguas de gato,
galletas de can, bicos de Lulú...

29/10/10

TIM BOWLEY E CHARO PITA NO ILLA DE ONS!!!


O 22 de novembro virán ao noso centro os contadores de historias, Tim Bowley, grande narrador británico con máis de 20 anos de experiencia que ten percorrido Europa e América enfeitizando ao público coas súas historias, e Charo Pita, narradora galega que leva contando desde hai 16 anos por toda a península.
Tráennos contos de tradición oral de varias culturas do mundo: as lendas do rei Artur,historias celtas, relatos dos indios americanos... creando unha nube de maxia e comedia.
@s alumn@s de 2º, 3º e 4º da ESO farán unha viaxe en compaña destes dous narradores de historias.
Actividade feita conxuntamente entre o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca e os departamentos de Galego e Música .

A TROPA DE TRAPO PRESENTA...


"A HORA AZUL"

O día 15 de novembro,pasaremolo moi ben coa tropa de trapo e a súa representación da hora azul.
Virán a facer disfrutar aos alumn@s de 1º da ESO.
Actividade feita conxuntamente entre o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca e os departamentos de Galego e Música .

11/06/10

Moonkid e Liberty


Moonkid e Liberty

Creo que é unha historia divertida con partes moi graciosas e cuns personaxes moi curiosos.

Iria Piedras Gómez 3ºB

O mecanoescrito da segunda orixe


O mecanoescrito da segunda orixe

Sen dúbida ningunha é un dos mellores libros que lin.

A historia é interesante, os personaxes fanse querer ao longo
da histora e ao final deixa a imaxinación voar.



Iria Piedras Gómez 3ºB

Chamabase Luís


Chamabase Luís

Gustoume porque conta unha historia da que todos sabemos pero dunha maneira diferente, dende outro punto de vista.
Grazas a este libro puiden comprender o inferno no que viven as persoas que conviven con drogadictos.

Iria Piedras Gómez 3ºB

02/06/10

O centro do laberinto


Título: O centro do laberinto
Autor: Agustín Fernandez Paz
Editorial: Xerais- Fora de Xogo

Este libro gustoume porque fala dun futuro que se pode cumprir por culpa da globalización. Faise un pouco pesado cando fala a nai, pero é bastante interesante.

Celestino Durán Pouseu 4º nº5

01/06/10

Titulo:Pasa-lo limite

Autor:Xavier Alfaya

Este libro gustoume porque fala de cousas que poden sucederlle a calquera.E ainda por riba é curto

Víctor Agulla Lemos 3ºA
Tiyulo:Acio sanguento

Autor:Carlos Freire Cordeiro

Este libro é un pouco regular.O bo é que é curto.O malo é que o argumento non atrae demasiado

Víctor Agulla Lemos 3ºa