Culturgal pretende ser unha experiencia única para
todas e todos aqueles que participan dela: expositores, artistas,
empresas, públicos, etc. A organización de Culturgal sabe que para
acadar este obxectivo, o recinto do Pazo da Cultura ten que ofrecer unha
serie de servizos que fagan gratificante a visita á gran cita da
cultura do país.
Ademais de poder achegarte aos máis de 80 stands dedicados a libro,
música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal
conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3
días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores,
estreas de filmes e moito máis.
Culturgal 2015, 4, 5 e 6 de decembro, Pazo da Cultura de Pontevedra.
Presume de Culturgal!
http://culturgal.com/programacion-culturgal-2015/
Ningún comentario:
Publicar un comentario