Mañá celebramos en Bueu o San Martiño. Desde a Biblioteca do IES Illa de Ons queremos animar a toda a Comunidade Educativa a participar no II Maratón Fotográfico, unha das actividades programadas polo Concello.
Temática
Forman parte da temática do Maratón todas as actividades relacionadas coa festa, así como as tradicións e costumes propias do San Martiño de Bueu.
As fotografías presentadas terán que realizarse durante os tres días
que comprende o maratón, para o que se programarán dous percorridos
fotográficos organizados, un por cada categoría (adulta e
infantil/xuvenil, consultar programación). Ademáis disto, as persoas
participantes poden facer de xeito libre fotos representativas do San
Martiño de toda a actividade en torno ás festas (pasarrúas, eventos
relixiosos, comida, verbena, tradicións do outono coma o magosto, xogos
tradicionais, etc).
Premios e categorías
Categoría adulta (maiores 14 anos)- Primeiro premio: 150€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
- Segundo Premio: 75€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
- Terceiro Premio: 50€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
Escolleranse as tres mellores fotografías, que recibirán como premio: impresión e enmarcado da imaxe + lote de entidades colaboradoras.
Selección de fotografías finalistas a maiores das xa premiadas, que pola súa calidade poidan formar parte da exposición organizada con motivo do II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu.
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS FINALISTAS E GAÑADORAS
Do 19 ao 26 de novembro, en horario de apertura da Praza de Abastos (rúa Montero Ríos, s/n 36930 Bueu).
O Maratón celebrarase do VENRES 11 AO DOMINGO 13 DE NOVEMBRO ambos inclusive, e os traballos entregaranse ata o LUNS 14 DE NOVEMBRO antes das 00:00h da noite preferiblemente por medios dixitais no formulario web da páxina de ARGO NAVIS, ou fisicamente na sede de Argo Navis en horario de 10:00h a 13:30h e de 16:30h a 20:30h (Montero Ríos nº 57 baixo, 36930 Bueu, Pontevedra).
Ningún comentario:
Publicar un comentario