Os alumnos e alumnas do club de lectura de 4º ESO leron Maus: Relato dun sobrevivente, unha novela gráfica do historietista
estadounidense Art Spiegelman na que o autor entrevista ao seu pai
acerca das súas experiencias como sobrevivente do Holocausto. Nesta obra
as razas humanas represéntanse a través de diferentes tipos de animais:
xudeus como ratos, alemáns como gatos e polacos non xudeus como
porcos.
A pasada semana tivo lugar na biblioteca do centro unha mesa redonda para comentar a obra. Nela participaron algúns alumnos e alumnas de 4º ESO e Xoán, profesor de Lingua e Literatura Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario