Foto biblioteca

Foto biblioteca

21/05/20

Un cabelo de anjo

  O poema Un cabelo de anjo foi tamén escollido polo noso alumnado para elaborar caligramas en homenaxe a Carbalho Calero.

Un cabelo de anjo
pendurado do ceo,
se non é a espada de Democles
é adival para o espírito,
ximio equilibrista,
que, nel agareado,
pode arrandear sobre a terra
e crer que é a araña dun fío
tirado do seu propio miolo,
cordón umbilical que o vencella
o seu niño que está no azul.
Mais non sabemos
qué é o norte, qué é o sul,
o cenit e o nadir,
a vida e a morte,
a terra e o ceo,
cál é o metro que leva ao paraíso
e qué aeronave nos conduz ao inferno.


Gael Calviño - 1º ESO B

 
 Clara Costas - 3º ESO A

Nerea Rodríguez - 1º ESO A

 Carla Santos - 1º ESO A

Sergio Gago - 1º ESO B

Ningún comentario: