Foto biblioteca

Foto biblioteca

29/01/21

Premio da Asociación Socio-Pedagóxica Galega



     Un novo premio para o marabilloso traballo de podcast realizado durante o pasado confinamento polo alumnado de 4º ESO do noso centro. Nesta ocasión foi a Asociación Socio-Pedagóxica Galega quen otorgou un merecido premio á nosa exalumna Antía Novas Arribas polo seu podcast A Guerra das Galaxias, unha película de Ronald Reagan. A finalidade do concurso Algo que contar? Algo que cantar? baseábase no fomento do uso oral do galego en todos os contextos, neste caso utilizando novos medios de comunicación como canles de divulgación de contidos relativos a calquera tipo de coñecemento.
     Parabéns Antía!
    

En plena Guerra Fría, o mundo está atemorizado ante unha posible guerra nuclear entre EUA e a URSS. Ronald Reagan, presidente dos EUA, ten a solución á ameaza soviética, pero a idea non vai ser sinxela de levar a cabo.

Ningún comentario: