Durante estas semanas, o IES Illa de Ons acolleu a exposición Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares, unha mostra formada por sete paneis que tratan distintos aspectos do humor e procuran responder preguntas como Que é? Como xorde? Cantos tipos de humor hai? Para que serve? Cal e a histo‐ ria do humor en Galicia?
A exposición divídese en tres partes: a primeira trata de explicar o humor a partir da súa definición e características científicas esenciais (bioloxía, neuroloxía, sociedade, teorías sobre a súa finalidade…); a segunda trata de contextualizar a aparición no mundo do humor, así como de dar unha clase sobre o humor na literatura galega, desde a literatura popular ata os memes; e a terceira parte analiza a vida e a obra de Carlos Casares desde o humor, para pasar a desmitificar a figura do escritor mediante imaxes, fotografías e caricaturas aparecidas en prensa e durante as Letras Galegas de 2017.
A seguinte ligazón ofrece un libro-guía da exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario