Animación creada polo ilustrador Aslan Almukhambetov
Coma todos os anos, comezamos o curso con moita ilusión e tamén con moito traballo. Nestas primeiras semanas de clase o equipo da biblioteca estivo a planificar algunhas das actividades que temos previsto desenvolver durante o primeiro trimestre. Por outra banda, realizamos algunhas das tarefas de xestión imprescindibles para o correcto funcionamento da biblioteca: altas e baixas do alumnado e profesorado; detección das necesidades dos diferentes departamentos para a compra, rexistro e etiquetado de materiais; disposición espacial e ordenación de fondos.
Ademais, estamos a formar un novo equipo de voluntariado con alumnado de 1º ESO e 3º ESO que xa están a recibir formación para a realización das distintas actividades de xestión e organización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario