Este curso o IES Illa de Ons está a participar en TransformARTE 2.0: Arte en acción, un proxecto que combina arte e concienciación ambiental, co obxectivo de crear unha campaña visual para tomar conciencia sobre a situación do planeta ante os efectos do cambio climático.
En 1ºESO colaboramos coa actividade “Cabezudas polo clima”, na que o alumnado investigou sobre distintas activistas ambientais que loitan, desde distintos lugares do mundo, contra o cambio climático. A pasada semana organizamos no centro unha exposición con carteis que recollen os resultados deste traballo de investigación, acompañados pola imaxes elaboradas en volume das cabezas das doce activistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario