Alumnado, profesorado, persoal non docente e familias do IES Illa de Ons, estamos a realizar os últimos ensaios para a posta en escena de Miserábeis. O Musical, un proxecto de carácter interdisciplinario baseado na obra de Víctor Hugo, no que a nosa Comunidade Educativa traballou durante os cursos 18/19 e 19/20 e que foi interrompido pola pandemia. Este ano decidimos poñelo novamente en marcha, trasladando a historia orixinal a unha contorna máis galega de finais do século XIX.
Durante un acto celebrado esta mañá no concello de Pontevedra, as profesoras Diana Vilas e Teté García, directoras do proxecto, presentaron o musical acompañadas polo edil de Cultura Demetrio Gómez.
As entradas, con carácter de donativo para sufragar os gastos da posta en escena, están á venda desde o próximo luns día 3 de xuño no IES Illa de Ons de Bueu e no despacho de entradas do auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Non faltedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario