O IES Illa de Ons acadou o segundo premio do concurso de microrrelatos audiovisuais Micromuseo, organizado pola Deputación de Pontevedra. A peza audiovisual gañadora titulada Superviventes, baseada en distintas das estampas creadas por Castelao, foi ideada e gravada por un grupo de alumnas de 4º ESO B: Alba Gallego, Eva Míguez, Sara Esperante, Silvana Pena e Yanira Patiño. Noraboa rapazas!
Por outra banda, onte achegámonos co alumnado de 3º e 4º ESO ata os Multicines Norte de Vigo para ver Antes de Nós, o filme de Ángeles Huerta que supón unha homenaxe a Castelao no 75 aniversario do seu pasamento.
En 1918, Castelao abandona a súa vida estable como funcionario en Pontevedra para enfrontar a pandemia da gripe española como médico no seu Rianxo natal. Anos despois, en 1929, viaxan xuntos por Bretaña, tentando recompoñerse tras a perda do seu único fillo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario