O pasado venres, o FIC Bueu convidounos a asistir co alumnado de 3º e 4º ESO a unha sesión de proxección de curtas no Centro Social do Mar.
Antes de asistir realizamos na aula unha serie de actividades preparadas pola organización, co fin de activar as ideas previas sobre as posibles tramas das curtas. O alumnado valorou cunha papeleta a súa curta favorita e analizará en grupo as temáticas tratadas nas distintas pezas así como a linguaxe audiovisual aplicada nalgunha delas.
Moitas grazas un ano máis ao FIC por convidarnos a gozar desta experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario