Achégase o Samaín e, para celebralo, o IES Illa de Ons organiza tres concursos nos que o alumnado poderá demostrar o seu talento e espírito terrorífico.
Os días 29 e 30 de outubro, durante o recreo, a biblioteca encherase de historias arrepiantes. Recordamos ao alumnado que aínda está a tempo de anotarse no concurso de relatos de terror.
O día 30 de outubro poderedes participar tamén no concurso de disfraces e no concurso de doces. Lembrade entregar as vosas obras de arte culinarias ese mesmo día na conserxería do centro, acompañadas da receita escrita en galego. Despois da valoración do xurado, haberá unha degustación para toda a comunidade educativa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario