Este martes pasado tivemos a sorte de recibir a visita de Mondra, un dos referentes actuais da música galega contemporánea, que realizou unha actividade co alumnado de 1º e 2º da ESO.
Martín achegou ao alumnado a tradición das foliadas, explicou cales eran os instrumentos musicais máis empregados nestes encontros, que se daban con moita frecuencia nas casas do rural, e fixo unha demostración do seu uso. Así mesmo, salientou o papel fundamental das mulleres na transmisión e preservación da música tradicional, tanto a través dos instrumentos como das cantigas populares.
Despois desta introdución, o alumnado practicou os pasos básicos da muiñeira e, guiados polas explicacións de Mondra, fomos traballando a coordinación, os desprazamentos, os puntos e as voltas, intentando seguir o compás da pandeireta.


Ningún comentario:
Publicar un comentario