PARTICIPA!!!
Foto biblioteca
25/04/12
CONCURSO MARCAPÁXINAS
PARTICIPA!!!
17/02/12
Concurso historias e contos de amor
Premiadas no 1º ciclo
1º Premio : Alexandra Iglesias 2º A " Admirador secreto"
2º Premio : Susana López 2º B " Amores indestructibles"
Premiadas no 2º ciclo
1º Premio :Sara Menduíña 3º A "Carta ás augas cálidas do Polo Norte"
2º Premio : Aida Queimaño 4º A " Un clavo quita otro clavo"
Fragmento do relato de Sara Menduíña :
"Outra calada. Estamos na cama do que antes era o noso piso. Ti estás espida e cos cabelos completamente alborotados e só a saba branca cobre o teu corpo. Tes un sorriso, estás feliz. Abres os ollos. Volvo a ver ese marrón cálido neles. Desapareces.
Outra calada. Topámonos nunha rúa solitaria. Está chovendo pero non levamos paraugas. Tes o cabelo completamente mollado e a camiseta pegada ao corpo tamén moi mollada. Chámote porque non paras de bailar, pareces unha nena pequena, dígoche que temos que volver a casa. E ti acercaste e disme que non podemos desperdiciar a chuvia. Eu non entendo o que dis, pero estás tan fermosa. Bícasme. Sabe a…Desapareces.
Outra calada. Estou ebrio. Ti estás falando nun ton algo elevado, pero non te escoito. Non paras de chorar. Sinto a necesidade de dicirche que non quero verte chorar pero en lugar diso soltoche que es unha chorona e que necesito o meu espazo. Acóstome no sofá e escoito como colles as chaves e cerras a porta. Desapareces.
Outra calada. Chego a casa despois dunha intensa xornada de traballo. Entro e voceo meu amor xa estou aquí, boteite de menos. Non respondes. Entro na cociña esperando encontrarme cos teus ollos ardendo de ganas de bicarme en no lugar diso encontro un post-it no que anuncias a túa marcha para non volver. Caio no chan. Desapareces.
As bágoas comezan a escorregar polo meu rostro. Fan carreiras a ver cal é a primeira en coarse na miña boca. Tiro o cigarro. Non podo seguir fumando o acabarei afogando nas miñas propias augas.
Consulto o reloxo. Son xa as doce da noite. Métome na cama. As sabas inda conservan o teu olor. Se estiveras aquí agora chamaríasme sucio, estou seguro. Hai sete días que non lavo as sabas. Tamén hai sete días que non durmo por culpa delas. Hai sete días que durmo no chan con elas ao meu carón coma un neno pequeno.
Escoito os coches acelerar. As Cinsentas de saldo e esquina a facer o seu traballo. Os xóvenes alocados beber coma se non existise mañá. As nais sentadas no sofá cun flexo acenso esperando preocupadas polos seus fillos. Os estudantes cos nervios a flor de pel preocupándose porque o reloxo xa marca as doce. Os bicos dos namorados baixo as estrelas. Escoito vida. E eu aquí tirado no chan, respirando o teu olor, máis morto ca vivo."
15/02/12
Xoves 16. Contos e historias de amor
O xoves 16 na biblioteca entregaranse os premios do concurso de relatos de amor.
14/02/12
Recital poético
A biblioteca do centro programou todo o mes de xaneiro e febreiro unha serie de actividades que teñen como eixo o amor, os sentimentos e as emocións.
O martes 14 de febreiro celebrouse un recital poético de diversos autores ,e mostramos algúns intres do recital que resultou moi bonito.
13/02/12
Novos espazos de lectura
Iste curso 2011/12 crearemos dous novos espazos da biblioteca dentro do centro.
O primeiro deles xa está en uso no primeiro piso ,tendo boa aceptación entre a comunidade docente.Nos próximos días colocaremos o 2º espazo na planta baixa.
Esperamos que todos disfrutemos das novas melloras da biblioteca.
12/12/11
CONCURSO RELATOS CIENCIA FICCIÓN
1º Premio: María Tenorio Solla
2º Premio: Alexandra Iglesias
3º Premio:Lucía Martínez
Principio a escribir isto nun venres escuro un dos días mais tristes da miña vida, a falta de cousa mellor que facer. Hoxe é o dia dezanove do mes de Nadal de 2077. Todo comezou así: A mañá non fun á clase xa que tiña unha forte dor e barriga. Quedeime na cama mentres miña nai non voltaba do traballo. Durmín ata ás doce, pasáronseme moitas cousas nesas horas de sono. Todo estaba escuro. Era estraño, xa que xa eran as catro da tarde. Saía pola porta cara á casa da miña tía e ao abrir a porta atopei un periódico, dicía que nunhas horas o mundo desaparecería, tan só sobrevivirían catro persoas; seríamos pisados por persoas con forma de árbores de Nadal que medirían máis do triplo ca nós. E así foi.
Eu aínda estaba lendo ese xornal, cando levantei a vista, e fronte a min estaba aquela árbore de Nada, con un millón de bólas vermellas e douradas. Quixen entrar para a casa, pero a porta fechárase soa, cousa que nunca antes pasara; non tiña escapatoria, era xa demasiado tarde para fuxir correndo. Tiña a eses seres xigantescos a medio metro de min, o cal non eran nin centímetros,xa que os seus pes eran moi longos. Pensei que me pisaría como aquela portada do xornal dicía, pero non foi así era coma e non me vise, sería un deses catro superviventes?
Neste intre soou o timbre, o carteiro cortárame o sono no momento máis interesante. Logo chegou miña nai, levoume ao médico, xa que a miña febre xa era moi elevada e non era normal. Fomos no aerocoche da miña nai para chegar máis pronto. Alí atendéronnos de súpeto. Non podía ser,os médicos transformáranse nas árbore de Nadal do meu sono, só que en tamaño reducido. Miña nai colleume da man e intentou fuxir correndo da consulta canto antes, pero a porta estaba pechada!Eu era transparente para eles, atravesáronme igual ca no meu sono, pero miña nai non era unha de sas catro persoas superviventes; collérona, puxérona na padiola, despregaron as súas ás, e saíron voando de alí con ela.. Dende entón levo días buscándoa, pero non hai rastro dela.
Eses seres xigantes destruíron o mundo en menos de carto días. Durante eses catro días que estaba en liberdade non parei de buscala ata debaixo das pedras; e digo liberdade porque ao quinto día metéronos a todos nunha gaiola xigante, só éramos catro, como o xornal indicou, eran todos auténticos descoñecidos para min; un era da China, de África, e outro parecía alemán. Non falábamos, xa que non nos poderíamos entender.
Eu choraba nun recuncho, non atoparía a miña nai xamais, non lle puidera nin dar unha aperta de despedida, nin un último adeus.
Hoxe, engaiolado sigo pensando en qué farían con ela e se algunha vez volvereina a ver.
María Tenorio Solla. 2ºB.
01/12/11
TEMOS CULTURGAL.2,3,4 DECEMBRO EN PONTEVEDRA

Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade.
PREME NA LIGAZÓN INFERIOR PARA VER AS ACTIVIDADES:PROGRAMA CULTURGAL
09/11/11
Concurso relatos de ciencia ficción
NOVIDADE !PARTICIPA! PARTICIPA ! CONCURSA!
A biblioteca convoca un concurso de relatos de Ciencia Ficción, a partir de tres inicios a escoller polos participantes.
.Data límite de entrega,o 28 de novembro.
.Extensión máxima un folio.
.Premios de camisetas e libros para os gañadores.
PARTICIPA!!!
16/06/11
Revista Umbrela Nº 16.Xuño 2011
O señor Drácula.
Eva Otero Pastoriza 2ºB
O señor Drácula leva vivindo en Beluso dende antes de que eu nacera.
Cando eu e os meus compañeiros voltamos á casa para comer, el sempre nos agarda sentado no banco que se encontra ao lado da copistaría. Pregúntanos que tal nos foi e moitas veces dános caramelos ou chicles. El sempre se está queixando dos dentes, di que lle doen e por iso non pode comer cousas duras. O pobre sempre anda co caxato. Vive só na súa casa, a que está á esquerda da copistería. Polas tardes case sempre está na Biblioteca lendo un libro ou o xornal. Ás veces, despois de comer tamén se ve tomando o café no Couto, o bar que está diante da floristaría, con outros señores máis.
O señor Drácula é moi bo e moi falador. Se sentas con el no banco cóntache historias sobre as súas viaxes de antes de chegar a Beluso e sobre o que lle gustou este lugar cando o viu por primeira vez.
https://sites.google.com/site/revistaumbrelanumero16/
05/05/11
Novidades na biblioteca
O acto contou coa presenza da autora Elena Gallego Abad, e da editora Helena Pérez de Edicións Xerais.Entre o público tamén estaba o autor das ilustracións Miguel Abad.
Temos o libro na biblioteca , para que poidades gozar da súa lectura.
Neste video podemos visualizar o proceso de creación da portada.
10/04/11
Contacontos para os máis cativos.
Foron os que lle contaron sete alumn@s do IES ILLA de ONS aos Nen@os de infantil de 5 anos do CEIP "A PEDRA".
Seica todos quedaron encantados. Volveremos ao final do 3º trimestre coa maxia dos contos para os máis cativos.
27/03/11
CONTANDO HISTORIAS AOS MÁIS CATIVOS
O primeiro conto foi"Como está o galiñeiro" , e foi Iria de 4º B a narradora da historia.
A continuación foron Alba Lobeira,Katia Santomé e Alexandra Iglesias as que contaron a historia da "Ratiña presumida".
Outro dos contos foi "A Toupiña", con Tania García e Mª.Tenorio coma protagonistas.E para rematar Mª.Mercedes Pretel e Angela Villanueva contaron a historia de "Xaime e as landras"
11/03/11
DECLARACIÓN DE AMOR
O AMOR foi o eixo que moveu o concurso de expresión escrita máis participativo do ano. Moreas de textos orixinais e creativos, merecedores de premios, dos que só 3 persoas de cada categoría foron as gañadoras dos regalos: Aida Queimaño e Aida Carballo de 3º B e Sara Menduíña de 2º B na categoría de cartas de amor. Verónica Chapela de 1ºA, Ángela Villanueva de 1ºB e Laura Rial de 1ºA na categoría de declaracións de amor. PARABÉEENS.
08/02/11
EN 3º DA ESO ESTAMOS LENDO...

01/02/11
FALAMOS DE RINOCERONTE.
28/11/10
CULTURGAL

O culturgal pechou este domingo as súas portas en Pontevedra, a idea é a da continuidade nos anos vindeiros. “Despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá Culturgal 2011”, asegurou Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal. Os representantes de Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), a Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), a asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e o propio Xulio Amigo salientaron a importancia do éxito desta edición, a primeira organizada directamente pola industria, para o asentamento definitivo da feira.
23/11/10
CONTACONTOS . CHARO PITA E TIM BOWLEY
18/11/10
Tropa de trapo
Trouxo unha guitarra portuguesa , que tiña unha forma moi peculiar, unha especie de timbal de metal e plástico, pero atiguamente eran de ferro e pel de cabra.
Ao final fixemos un obradoiro no que estivemos xogando a unha gran variedade de xogos, paseino
moi ben.
Alba Lobeira Soage 1º A.
16/11/10
Contacontos TROPA de TRAPO
Gustaríame que se volvese repetir¡
María Tenorio Solla 1ºB
