Foto biblioteca

Foto biblioteca

17/05/20

Documental Ricardo Carbalho Calero

     Co gallo da homenaxe que toda Galiza lle rende a Ricardo Carbalho Calero o 17 de maio de 2020, Día das Letras Galegas, a biblioteca do IES Illa de Ons colaborou na edición do seguinte documental sobre a figura deste autor.
     Neste proxecto, elaborado baixo a dirección do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e dos departamentos de Lingua Galega e Literatura, Lingua Portuguesa e Educación Plástica do centro, unha parte do noso alumnado de 1º ESO e os profesores da materia de Lingua Galega e Literatura, puxeron voz a algúns textos adaptados do libro Ricardo Carvalho Calero. Unha vida pola Galiza e o galego, de Paulo Fernández Mirás.
     Agardamos que vos guste!
 

2 comentarios:

Bibliocastelo A Pedra dixo...

Parabéns!! Un gran traballo en equipo!!

Rivera dixo...

Moi bo documental, grazas por acercar este persoaxe tan relevante para a nosa terra.