BASES:
Admítense obras en calquera tipo de soporte e técnica: papel, tea, colaxe, fotografía, creación dixital, audiovisual, performance, escultura…
A temática é libre e cada alumno/a poderá presentar un máximo de tres obras.
As creacións, escritas en lingua galega, deberán ser inéditas e entregaranse, antes do 16 de marzo de 2022, na biblioteca do centro. As obras deberán identificarse cun pseudónimo e con elas, nun sobre pechado co mesmo pseudónimo escrito no exterior, incluiranse os seguintes datos: título da obra, nome, apelidos e curso do/a autor/a.
O xurado estará constituído por persoal docente e non docente do IES Illa de Ons, algún membro da ANPA e por unha persoa relacionada co mundo da arte e da literatura.
O fallo do xurado farase público o día 21 de Marzo, Día da Poesía, nun acto organizado na biblioteca do centro durante a hora do recreo. As obras finalistas serán expostas no centro e difundidas por distintos medios.
Os traballos premiados recibirán cheques para trocar en distintos establecementos de Bueu. Outorgaranse tres premios por cada nivel educativo. De non contar co nivel axeitado, o xurado resérvase o dereito a deixar deserto algún premio.
O feito de concursar neste certame implica a aceptación destas bases por parte do/a participante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario