Para conmemorar a data de hoxe, Día Internacional da Muller, organizouse no centro unha exposición con distintos traballos realizados co alumnado de 1º ESO nas materias de Xeografía e Historia e Educación Plástica, coa colaboración da Biblioteca. O proxecto HERStory-HA centrouse no estudo de sete mulleres que tiveron grande relevancia na Historia Antiga.
As seguintes imaxes mostran un momento da entrega dos premios das cabezudas, o alumnado posando coas súas creacións e a montaxe final da exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario