O pasado venres 25 de febreiro celebramos no IES Illa de Ons o Benid´Ons Fest, con actuacións musicais e bailes tanto do alumnado coma do profesorado e persoal non docente.
Ademais convocouse o xa tradicional concurso de cabezudas, centrado este ano na representación de diferentes mulleres da Historia Antiga. Os departamentos de Xeografía e Historia e Educación Plástica e Visual, coa colaboración da Biblioteca, estiveron a traballar co alumnado de 1º ESO arredor da vida e obra de sete mulleres: Enheduanna, Semíramis, Hatshepsut, Cleopatra, Nefertiti, Safo e Hipatia. Con todo o material elaborado montaremos unha exposición o día 8 de marzo da que, polo momento, mostramos as cabezas das distintas mulleres, creadas polo alumnado con volumes en papel maché.
Ningún comentario:
Publicar un comentario