Durante este curso o noso centro participou no proxecto Fitofaladoiro Ons, incluído dentro do Plan Proxecta, cuxo obxectivo principal consistiu en facer unha labor de investigación sobre o tipo de vexetación da nosa contorna máis próxima. O ámbito familiar e veciñal foi unha das principais fontes de información acerca dos nomes e diferentes usos das plantas, que os propios rapaces e rapazas rexistraron nun herbario. A concienciación da importancia de preservar o noso patrimonio e do proveito da memoria colectiva así como o fomento do uso do galego, foron outros dos obxectivos que promoveron as actividades incluídas no proxecto.
Na web do FITOFALADOIRO ONS recóllense os resultados deste traballo no que, ademais da Biblioteca, participaron os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Lingua e Literatura Galega, Educación Física e Debuxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario