Imaxe de Tatsuya Tanaka
Benvidos a todos e todas! Comezamos un novo curso escolar con algunhas novidades na biblioteca do IES Illa de Ons. As máis salientables son a recuperación do aforo no espazo principal e o restablecemento dos puntos de lectura informal do 1º e 2º andar, a apertura total da sección de xogos (o curso pasado por protocolo COVID só estaba dispoñible unha parte), as clases impartidas desde algunhas materias na propia biblioteca e as actividades de formación de persoas usuarias nos distintos grupos.
Por outra banda, durante estas primeiras semanas de curso, o equipo da biblioteca estivo a facer tarefas de xestión: altas e baixas do alumnado, profesorado e persoal non docente; detección das necesidades dos departamentos; compra, catalogación e etiquetado de exemplares; disposición espacial e ordenación de fondos...
Ademais, ao equipo de voluntariado da biblioteca sumouse este curso un pequeno grupo de alumnas de 1º ESO que xa están a recibir formación por parte das súas compañeiras máis veteranas para a realización das distintas actividades de organización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario