Para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro, na biblioteca do centro deseñamos distintos marcadores de páxinas combinando os haikus que o alumnado de 3ºESO creou para o Día da Poesía e algunhas das fotografías sobre a contorna mariña que propuxo facer o departamento de Bioloxía e Xeoloxía ao alumnado do centro. Estes deseños formarán parte do lote de produtos que o noso centro levará ao Festival Solidario Art for Change, que terá lugar en Bueu o próximo sábado 29 de abril.
Por outra banda, o alumnado de 2º ESO está a elaborar unha serie de vídeos con booktrailers e recomendacións lectoras dalgunhas das obras que leron na materia de Lingua e Literatura Castelá neste trimestre. A vindeira semana publicaremos algúns deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario