A pasada semana tivemos o a sorte de contar coa visita de Damián Alonso, recoñecido profesional do mundo da comunicación e da dobraxe, que impartiu unha serie de obradoiros de radio e podcast, dirixidos ao alumnado de 1º de ESO e a parte do profesorado e do persoal non docente do Illa de Ons.
Durante as distintas sesións, que se desenvolveron na aula de Polos Creativos, puidemos iniciarnos na creación de podcasts dunha maneira dinámica e participativa. Damián explicounos como deseñar grellas e guións radiofónicos e deunos pautas para mellorar a locución, coma os cambios de ritmo, de ton ou de intensidade. Tanto alumnado coma profesorado traballamos por parellas na creación dun pequeno podcast, desde a creación do guión ata a súa gravación.
Moitas grazas, agora tócanos a nós poñelo en práctica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario