O Concello de Bueu, coa colaboración do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU), busca imaxes antigas para constituír un arquivo fotográfico da vila, unha iniciativa que ten como obxectivo recuperar e conservar a memoria fotográfica.
O proxecto nace coma unha forma de reivindicar a memoria individual e colectiva, de analizar a historia local a través das imaxes e de tentar construír un fondo que poida estar a disposición de calquera persoa que o desexe consultar.
Aínda que o obxectivo deste ano é recompilar imaxes relacionadas con costumes e tradicións, a idea é poder desenvolver a actividade nos próximos anos con outras temáticas.
Animamos ao noso alumnado e ás súas familias a participar nesta proposta achegando as súas fotografías ata o noso centro para xestionar a súa dixitalización, ou os luns de 10 a 19 horas na entrada da Biblioteca Municipal de Bueu. A data límite de recollida de imaxes é o 26 de xaneiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario