Un ano máis o Colexio M. Peleteiro convoca os Premios Literarios Minerva, nos que poderán participar alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e FP que cursen estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2025.
Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e poderán concorrer nas modalidades de poesía (un conxunto de tres poemas, de tema e forma libres) e narración (con extensión máxima de seis folios e mínima de dous mecanografados a dobre espazo e de tema libre).
Concederanse tres premios en cada modalidade, de 800, 400 e 250 € respectivamente, medalla conmemorativa do Certame e publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio M. Peleteiro. Se na opinión do Xurado a calidade das obras así o requirise poderán outorgarse accésits. Os premios poderán declararse desertos.
O prazo de presentación remata o día 14 de xaneiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario