Nesta semana de celebración das Letras Galegas, o departamento de Música do noso centro organizou un obradoiro impartido polo artista Mondra, que conseguiu achegar o folclore galego á rapazada dunha maneira dinámica e divertida.

O artista explicou ao alumnado que eran as foliadas ou seráns que celebraban os nosos bisavós e bisavoas, eses lugares onde a xente se reunía para bailar, cantar e socializar. Falou dos distintos instrumentos musicais utilizados e contextualizou estas tradicións como parte fundamental da vida rural galega, destacando o importante papel das mulleres na conservación da música popular a través dos instrumentos tradicionais e das cantigas.
A continuación chegou o momento de bailar. O alumnado organizouse en dúas filas enfrontadas para aprender os pasos básicos dun solto (en contraposición ao agarrado) e pouco a pouco deixáronse levar polo ritmo da muiñeira.
Durante a actividade Mondra luciu unha camiseta co texto “Cando menos a memoria”, unha referencia á importancia da memoria e da identidade colectiva, como o propio labor de recuperación cultural que el mesmo desenvolve no seu traballo artístico.
Moitas grazas pola túa achega á nosa identidade como pobo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario