Foto biblioteca

Foto biblioteca

11/12/14

Guías de lectura. Decembro 2014

Un bo agasallo no Nadal: libros e música en galego.


GUÍAS DE LECTURA DE SECUNDARIA

GUÍAS DE LECTURA DE PRIMARIA 
  
 GUÍAS DE LECTURA DE INFANTIL


MÚSICA PARA FACER AGASALLOS:

06/10/14

LIBRO ONS ONDAS, DOUS.

VÍDEO PRESENTADO NO MUSEO MASSÓ DE BUEU, O DÍA QUE SE DEU A COÑECER O LIBRO ONS ONDAS, DOUS.

15/09/14

XOVES 18 DE SETEMBRO,ÁS 20,30H.NO MUSEO MASSÓ DE BUEU PRESENTACIÓN  DO LIBRO ONS, ONDAS DOUS.
O LIBRO CONTÉN NARRACIÓNS MARIÑEIRAS ESCRITAS POLO ALUMNADO DO IES ILLA DE ONS.

23/05/14

TALLER DE REGUEIFAS CON PINTO DE HERBÓN E O CARUNCHO

O mércores 28 Pinto de Herbón e Luis o Caruncho impartirán un taller de regueifas aos alumnos do centro.





O resultado foi moi bo segundo os comentarios dos alumnos de 3º e 4º da ESO

MARCOS CALVEIRO EN BELUSO

O escritor Marcos Calveiro, autor do libro O pintor do sombreiro de malvas, dará un relatorio sobre esta obra no Salón de Actos do CEIP MONTEMOGOS (Beluso) o vindeiro mércores 28 ás 16:00h. Trátase dunha obra de literatura xuvenil e de adultos, polo que convidamos a participar ao alumnado de Secundaria e ao profesorado .
Outros títulos do autor que temos na nosa biblioteca:

"SETTECENTO"

"CENTAUROS DO NORTE"

"TODOS SOMOS"


03/12/13

GUÍAS DE LECTURA

Que mellor regalo que facelo  dándolle un libro de agasallo !!!


28/11/13

Culturgal



Venres 29 e sábado 30 de  novembro e domingo 1 de decembro en Pontevedra celebrarase o Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, con actividades diversas para todas as idades.
http://culturgal.com/programacion-culturgal-2013/


06/05/13

Primeiro da ESO en busca do conto perdido


A Biblioteca Municipal de Bueu e a editorial Nivola convidáronnos hoxe pola tarde a unha entretida charla na que unha matemaga conseguiu presentarnos xuntos o mundo das narracións tradicionais e o dos números. Tomando como fío condutor unha partida de oca, na que se enfrontaron moi duramente o EQUIPO AZUL contra o EQUIPO AMARELO, entre todos fomos resolvendo as diversas cuestións que nos foron poñendo, sempre sobre os contos de toda a vida: Cincenta, Carapuchiña Vermella, Alicia no País das Marabillas... E asegúrovos que algunha de fácil non tiña nada, sobre todo unha que consistía en acertar unhas claves. Menos mal que deu coa solución certa rapaza de Beluso, que se non algúns aínda estamos agora dándolle voltas á cabeza. Tamén tivo o seu momento estelar Cristian Piñeiro, que tivo que saír diante de todos para escoitar, cos ollos tapados, diversos sons e intentar relacionalos cos seus recordos. Houbo a quen lle parecía moi fácil a cousa pero, claro, cos ollos abertos calquera!
Unha das cousas máis interesantes foi cando se falou dos significados ocultos dos contos. Que se o sangue indicaba falta de pureza, que se referencias sexuais ocultas... Vaia, que eu nunca me fixara en que os contos se podían entender de varias formas. Haberá que ler algún outra vez. Por alí xa había quen estaba disposto! Ao mellor, ata os hai nesa biblioteca: polo menos na sala na que estivemos había un bo montón de libros para a nosa idade. Uns cantos nunca estiveramos alí, pero só con facernos socios podemos levalos prestados para a nosa casa.
Por certo, a partida de oca gañouna o equipo... Vaia, xa non me acordo! Bo, dá igual! O importante é que pasamos unha hora divertida. O peor foi que tivemos que ir e volver á chuvia. Os profes e algúns alumnos levaban paraugas e cazadoras, pero houbo quen pillou unha ben boa.

25/03/13

Visita ao salón do libro de Pontevedra



Este mércores 20 de marzo, para descansarmos un pouquiño de tanto exame seguido, fomos todos os de primeiro ata o Salón do Libro de Pontevedra. A algún o nome parecíalle algo aburrido, pero puidemos entrar nun ordenador xigante, vimos un antiquísimo "camión" de bombeiros, gramófonos, calculadoras "prehistóricas", unha morea de máquinas e engranaxes e ata aprendemos curiosidades sobre a orixe da colocación das letras nos teclados dos ordenadores e dos móbiles. Ah, e fixemos un novo amigo, que sae aquí na foto no momento de chegar a Pontevedra desde a súa casa de Canislupilandia.

Despois viñeron en cirolas Mofa e Befa coa obra Románticos, na que foron desfilando (e facendo monecadas) un montón de escritores desta época: Lord Byron, Mary Shelley co monstro de Frankenstein, Rosalía, Bécquer... Xusto despois fixo a súa aparición o Holandés Errante, surcando os mares do mundo cuns curiosos efectos especiais a base de plástico e ventilador. Ao final, non sei se quedou de todo claro se era máis romántico este mariñeiro eterno ou tomar molladuras indo aos partidos invernais do Racing de Ferrol. Que cadaquén tire a súa conclusión.
A pesar de tanto "traballo", aínda nos quedou algo de tempo para choutar pola Illa das Esculturas e internarse polo seu estreito labirinto.
Crónica: Moisés

13/03/13

Salón do libro

 
Os de primeiro... a toda máquina para Pontevedra! o mércores 20 de marzo.
Desde antigo levan os homes construíndo máquinas que lles faciliten diferentes traballos. Os autobuses lévannos, os guindastres líbrannos de mover pesadas cargas, os móbiles póñennos en contacto coa nosa xente en calquera momento... Mais quen non soñou algún día con dispoñer dalgún trebello tiraburrimentos, outro que nos teletransporte de maneira instantánea ou incluso un que nos cure as feridas se damos un tombo? E un chintófano que nos librase da peluxe de debaixo da cama? Tampouco estaría mal, eh? Veremos, pois, no XIV Salón do Libro de Pontevedra as máquinas que saíron das mentes doutros alumnos que soñaron novas posibilidades, algunhas talvez perfectamente inútiles e outras que quizais nos faciliten a vida. Haberá que descubrilo!


 











E, como o mellor será regresarmos cun sorriso, Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira) subiran ao escenario para representar "Románticos", unha comedia sobre o amor total. Aí mesturarán, cunhas cantas cancións polo medio, o conde Drácula con Rosalía de Castro e ata con algún zombi despistado. Ou é que alguén pensou que os mortos viventes non tiñan dereito a amar? Amor e risos para todos, como debe ser!


20/12/12

GUÍAS DE LECTURA

Unhas festas de nadal cheas de lecturas.
GUÍAS DE LECTURA PARA E.S.O /BACHARELATO

11/12/12

Camisetas para lembrar a Celso Emilio na defensa da nosa lingua

O mércores 12 do 12 de 2012 na hora do recreo e no espazo da biblioteca  terá lugar o recitado do poema de Celso Emilio "Deitado frente ao mar",coa participación de alumnos, profesores e persoal non docente.


30/11/12

Mércores 12 do 12 de 2012.Recitando a Celso Emilio

 o mércores 12 de decembro acto na biblioteca, recitando o poema" Deitado frente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro.Organizado polo equipo de biblioteca e o equipo de dinamización do uso do galego.
   RecitandoCelsoemiliO
      
      Deitado frente ao mar


Lingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas decotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

08/11/12

LECTURA DE MICRORELATOS

o xoves día 8 realizamos na biblioteca unha sesión de microrelatos, algúns de autores coñecidos e outros de creación propia.A participación foi numerosa, polo que terá continuidade o venres día 9.Noraboa a tod@s os participantes.

05/11/12

SESIÓN DE MICRORELATOS

O próximo xoves  na biblioteca terán lugar unhas lecturas de microrelatos escollidos polos alumnos dos diversos cursos.
Irán acompañados de música ,podendo ser relatos de terror, cómicos, absurdos, de ficción,reais,etc...
Esperamos a vosa asistencia e participación.

28/09/12

Presentación da biografía de Bernardino Graña


O xoves 27 no café libraría Rinoceronte en Cangas, tivo lugar a presentación da biografía de Bernardino Graña, coa presenza do autor, Héitor Mera.
O autor firmou o libro que adquiriu  a biblioteca  do instituto .

 

O sábado 29 terá lugar  ás 8 da tarde unha homenaxe ao tradutor Henrique Harguindey no café- libraría Rinoceronte de Cangas.
Interveñen Francisco Pillado e Salvador castro.
Haberá unha actuación poética-musical a cargo de Juan Carballo e Ramón Núñez.

09/06/12

Presentación libro ons ondas

O próximo mércores día 13 de xuño ás 21h no museo Massó de Bueu terá lugar a prresentación do libro "ONS ONDAS", libro composto por historias recollidas por alumn@s do IES ILLA de ONS,relativas ao mundo do mar, a pesca,a illa de ONS,a navegación.


<<Adán,como os antigos,sabe quen é,venera os seus antepasados,ama a súa illa,o su traballo e o seu mar.

Adán é doutro tempo, do tempo no que valía a palabra dun home, do tempo en que a comunidade sentía.Adán é do tempo en que as persoas cantaban ao traballo.

Se ben se mira, estas catorce historias puideron ser contadas por Homero.A fin de contas Ulises era un navegante que adoecía por voltar a súa illa, que era tan pobre que “só é boa para as cabras”.A cousa non estaba entón no diñeiro nin na riqueza.Era outro o motivo de voltar.

Unha comunidade sostendo a pulso un barco desde terra con cabos durante toda unha noite é un relato épico.Máis para Adán iso forma parte do normal.Todo depende de como se mire.Eu mireino desde fóra e estou abraiado.

Nas historias que ambienta na Illa as persoas son personaxes dunha obra e o mar envólveas nunha maré de soño .

Ás veces o propio Adán paréceme un persoaxe, unha parte dun soño dun neno, a inocencia do libro da Xénese encarnada no primeiro home.

Grazas, Adán.>>

Escrito de Xoán Xosé Rodríguez Rivas no libro ONS ,ONDAS