O alumnado de 1º ESO elaborou, na materia de Lingua Galega e Literatura, unha serie de microrrelatos como parte dunha práctica de escritura creativa na aula.
O reloxo detívose. Ninguén notou o silencio excepto el.
Noa
Espertou aliviado, pero o pesadelo seguía ao seu lado.
NoaHabía moita tensión na casa. Mamá achegábase ameazante. Íame matar! E… gañou ela a partida de parchís.Mara
Dous puntos estaban saíndo. Ninguén sabe quen puxo final a esa historia.Mara
Estaba buscando unha letra, pero non aparecía na sopa.Ainhoa
CONVERSA DE PEIXES- Onte empecei a ensinar a nadar a meu fillo.- E como lle foi?- Nada mal.- Oh, que mal!- Nada ben!
- Entón nada ben ou mal?
Clara G.
BUCLEPROFESORA: Carla, vai ler.CARLA: Leo?LEO: Ah, vale, leo agora.PROFESORA: Pero se está todo moi claro, a resposta á Clara.CLARA: Leo eu?
Clara G.
Había unha vez un compás que facía cadrados.
Clara G.
NO PSICÓLOGO“Sinto que me estou partindo en anacos e que todo o mundo me usa”. Dixo unha goma de borrar na consulta.
Clara G.
CONTO- Unhas tesoiras e unha tea querían casar.- E casaron?- Non, a súa relación non funcionaba.
Carla G.Eu odiaba tanto os meus problemas que, ao final… suspendín matemáticas.
Xoel
Unha vez vin que un xardineiro choraba e choraba. Cando lle preguntei díxome: “É que me deixaron plantado!”.Xoel
Era un gran futbolista, un crack. E iso foi o que arruinou a súa carreira.Xoel
Mirou o reloxo. Eran as doce. Suspirou e pensou que xa non podía facer nada máis.
Clara
Nunca pensou que iso pasaría. Os números coincidían. De repente todos os soños pareceron posibles.Clara
Pediu un desexo ao ver unha estrela fugaz. “Quero paz no mundo”, dixo ela. Ao rematar de pronunciar estas palabras, disparáronlle.O que non soubo foi que despois diso non houbo guerras nin inxustizas.Aixa
Un reloxo dixital quedou sen batería e o analóxico riuse del.DanielA Lúa dille ao Sol: “Tan maior e non che deixan saír de noite!”
Daniel

Ningún comentario:
Publicar un comentario