Estes días o IES Illa de Ons estivo a organizar a Semana da Poesía baixo o lema Poesía eres tú, unha proposta que pretende achegar o alumnado ao xénero poético. Desde as materias de linguas os rapaces e rapazas implicáronse na elaboración de videopoemas e na creación de caligramas a partir de textos poéticos. Esta programación completarase cun recital musicado, no que fusionaremos poesía e música, contando coa participación de alumnado, profesorado e persoal non docente.
Remataremos a semana cunha serie de encontros literarios e obradoiros creativos nos que distintas autoras e autores compartirán as súas experiencias e o alumnado poderá experimentar con diferentes recursos estilísticos e explorar a súa propia voz.

Ningún comentario:
Publicar un comentario