O Día do Inventor celébrase internacionalmente o 9 de novembro, na honra do nacemento en 1914 da enxeñeira en telecomunicacións, actriz e inventora Hedy Lamarr. Para conmemorar esta data e o mes da ciencia en galego, o Departamento de Tecnoloxía propuxo ao alumnado de 4º ESO o deseño de carteis informativos sobre inventos con selo galego, nos que debían incluír códigos QR con ligazóns a vídeos, documentos en formato pdf ou webs.
O abrelatas, o futbolín, o primeiro ebook, a calculadora mecánica ou o motor diésel, son algúns dos inventos que forman parte desta proposta e que se poden ver nunha interesante exposición que permanecerá durante estes días na entrada do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario