Foto biblioteca

Foto biblioteca

04/11/22

Premios Literarios Minerva 2023


     Poderán participar alumnos e alumnas do segundo ciclo de Secundaria, Bacharelato e FP que cursen estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2022.

MODALIDADES:

     Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e poderán concorrer nas seguintes modalidades: Poesía (un conxunto de tres poemas, de tema e forma libres) e Narración (con extensión máxima de seis folios e mínima de dous mecanografados a dobre espazo e de tema libre).

PREMIOS:

     Concederanse tres premios en cada modalidade, de 750, 400 e 250 € respectivamente, medalla conmemorativa do Certame e publicación das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio M. Peleteiro. Se na opinión do Xurado a calidade das obras así o requirise poderán outorgarse accésits. Os premios poderán declararse desertos.


PRAZO DE PRESENTACIÓN:

     Remata o día 24 de xaneiro.

Ningún comentario: