Foto biblioteca

Foto biblioteca

05/06/26

Bestiario híbrido

     Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, presentámosvos un proxecto colaborativo e interdisciplinar que desenvolvemos durante este curso no noso centro, baseado na investigación e posta en valor da biodiversidade autóctona galega. O alumnado de 1º ESO investigou sobre os diferentes ecosistemas e especies de plantas e animais de Galicia para crear seres híbridos imaxinarios que combinaron elementos do mundo vexetal e animal.

     Antes de facer o seu deseño, o alumnado estudou distintos tipos de ecosistemas e analizaron aspectos como o hábitat, as características físicas, a alimentación, a reprodución e o estado de conservación das especies estudadas. Este traballo serviu de base para deseñar combinacións verosímiles desde o punto de vista científico.

     O alumnado creou nomes para os novos seres híbridos e redactou descricións que incluíron características, comportamentos e curiosidades para elaborar a continuación as imaxes destes seres mediante diferentes técnicas artísticas. 


     Posteriormente, as imaxes trasladáronse a acetatos para a súa adaptación ao formato de diapositivas, cuxos marcos foron creados con papel kraft no plotter de corte de Polos Creativos. Unha vez feita a montaxe de todas as diapositivas, utilizamos o carro da exposición de "Trebellos con voz" para proxectalas na aula, mentres os alumnos e alumnas presentaban as súas creacións, comentando as características e peculiariedades de cada híbrido.


Ningún comentario: